Loading...
Home 2018-09-26T09:47:20+00:00

JUAN CARLOS
GONZÁLEZ PURRIÑOS

SAÚDO DO DIRECTOR

No nome da comunidade educativa do Centro Integrado de Formación Profesional Someso, doulles a benvida ao noso sitio Web; desexo que lles resulte de interese e utilidade…

Ler máis

Novas do Centro

Noticias que suceden na contorna escolar e eventos que se organizan.

O NOSO TRABALLO

Gústanos o que facemos! Ensinamos e aprendemos. Innovamos, emprendemos colaboramos, escoitamos e pensamos. Estudamos. Programamos, debuxamos, montamos e desmontamos, soldamos, mecanizamos, maquillamos, peiteamos, bioconstruímos, desenvolvemos proxectos. Facemos teatro, recollemos setas, xogamos ao fútbol, e as veces cociñamos en fornos solares. E tamén falamos, moito falamos, falamos en galego, en castelán, en inglés e en italiano. Viaxamos e coñecemos o mundo e o mundo coñécenos a nós. Compartimos o tempo do café con Javi e Loli. Celebramos. O noso fin es ti.

IDENTIDADE FORMATIVA

CIFP Someso é un Centro Integrado de Formación Profesional público, cunha traxectoria de máis de 50 anos formando profesionais cualificados para traballar nun entorno laboral en continua evolución.

  • Formación alumnado-empresa – orientado aos diferentes sectores produtivos e promovendo o emprendemento.

  • Diferentes itinerarios formativos – Presencial, modular, a distancia ou dual.

  • Seccións bilingües – docencia de algúns módulos en diversas linguas europeas.

A formación orientada aos diferentes sectores produtivos é posible grazas a formación continua e relación con empresas do noso equipo docente que redunda na mellora do proceso ensino-aprendizaxe dos nosos estudantes.

OS NOSOS VALORES

Formar profesionais, para contribuír ao desenvolvemento empresarial dos sectores relacionados coa nosa oferta educativa, con competencias axeitadas ás necesidades das empresas, capaces de trasladar aos seus postos de traballo a cultura da calidade, e a excelencia do traballo ben feito.

Marcámonos as prioridades deste centro no entorno social e laboral, proporcionando unha ensinanza baseada en valores e orientada ao desenvolvemento integral dos alumnos que formamos en competencias profesionais e humanas, cunha alta cualificación profesional.
Ser un centro de referencia nas familias profesionais que aquí se imparten, “Edificación e Obra Civil”, “Fabricación Mecánica”, “Imaxe Persoal”, “Madeira, Moble e Cortiza” e “Transporte e Mantemento de Vehículos”, para o mundo empresarial e o educativo.

Intensificar a relación con empresas, ver as súas necesidades reais, e intercambiar experiencias que propicien o enriquecemento mutuo, e a transferencia tecnolóxica.
Orientar ao alumnado na súa formación, saídas laborais e académicas, fomentar a creatividade, o espírito crítico e a autonomía persoal cunha actitude positiva cara o esforzo e o traballo en equipo.
Favorecer a inserción laboral do alumnado do Centro, promover accións coas asociacións empresarias, universidades e outras entidades.

  • Consolidar o sistema de avaliación e acreditación de competencias profesionais, dándolles aos traballadores a oportunidade de ter un recoñecemento académico da súa experiencia laboral.
  • Manter actualizada unha bolsa de traballo a disposición de todo o alumnado.
  • Fomentar o espírito emprendedor participando nos distintos programas desta natureza.
  • Favorecer o coñecemento e a utilización da lingua galega, apoiando ao equipo de dinamización lingüística.
  • Promover o coñecemento das linguas estranxeiras, dando prioridade ao inglés ou outras linguas de países de acollida no caso de mobilidade de estudantes para a realización de prácticas.
  • Fomentar o espírito crítico e a responsabilidade do alumnado cara o mundo laboral. Coñecer os dereitos e garantías dos traballadores, así como os seus canles de representación, e relacións laborais.
  • Incidir sobre a importancia da saúde laboral e prevención de riscos laborais.
  • Promover a formación e actualización do profesorado como parte do proceso de mellora continua.

Somos un centro certificado en calidade pola empresa AENOR segundo a norma ISO 9001-2015  polo que temos que ter presente, no facer cotiá de cada un dos membros da comunidade educativa, a búsquea da excelencia educativa e a aspiración do crecemento cultural e profesional do alumnado.

EMPRENDEMENTO

INNOVACIÓN

BIOCONSTRUCIÓN

Localización e contacto

15024513
Someso 6, 15008, A Coruña, Galicia, España

Phone: 881 880 001

Web: cifpsomeso.edu.es

Relación con empresas

re@cifpsomeso.edu.es

Programas internacionais

international@cifpsomeso.edu.es

Acreditación e probas

acreditacionsomeso@gmail.com

Buzón de suxestións

Mandar suxestión