O venres 1 de xuño realizouse a Xornada de portas abertas ás empresas, onde empresarios, profesores e Administración educativa participaron nunhas comunicacións informativas sobre NOVOS MODELOS FORMATIVOS PARA UNHA NOVA DEMANDA EMPRESARIAL, relacionado coa FP Dual. Presidiu este acto o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Sr. D. Manuel Corredoira López e a Subdirectora de Formación Profesional, Sra. Dona Eugenia Pérez Fernández.

O programa da xornada foi o seguinte:

  • 12.00 Presentación. Sr. D. Juan Carlos González Purriños. Director CIFP Someso.
  • 12.05 Comunicación Sr. D. Javier Portela López. Director I+D+i FINSA.
  • 12.15 Comunicación Sr. D. Jesús Nantón Varela. Director de Produción Grupo MALASA SL.
  • 12.25 Comunicación Sr. D. Bernardo José Rodríguez Vázquez. UNVI-Grupo Inturasa Pérez Rumbao. Sr. D. José Javier Rodríguez Gutiérrez. Profesor Titor Univ. Laboral Ourense. FP Dual CM. Carrozaría.
  • 12.35 Comunicación Sra. Dona Montserrat Rodríguez Ogea. CIS Madeira Ourense – Axencia Galega da Innovación. Sr. D. Xose Magariños Maceiras. Profesor Proxecto ErasmusPlus CM Carpintaría e Moble do IES Antón Losada da Estrada.
  • 12.45 Comunicación Sra. Dona Patricia Martínez Bugallo. Responsable de Recursos Humanos de la fábrica de Finsa. Sr. D. José Carlos Barros Docampo. Profesor Titor Ciclo Superior Mecatrónica Industrial FP Dual CIFP Politécnico de Santiago – FINSA.
  • 12.55 Comunicación Sr. D. Manuel Corredoira López. Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
  • 13.15 Percorrido Instalacións e Talleres.

Esperamos que fora do interese de todos os participantes.