Solucións enerxéticas e de climatización natural na bioconstrución

Este proxecto de innovación resultou premiado na Resolución do 20 de xuño de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se conceden os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 24 de marzo de 2014).

Participantes: CIFP Someso (A Coruña). CFEA de Guísamo (Bergondo. A Coruña). Asociación Tríada (A Coruña). Empresa Canlade SL. (Sada. A Coruña).

Entre os obxectivos específicos deste proxecto, destacar: instalación solar fotovoltaica, sistemas de protección solar, iluminación eficiente, estudo e xestión do clima interior, investigación sobre especies e sustratos en cubertas verdes, instalación expositiva e audiovisual sobre o proxecto e a bioconstrución en xeral.

Obxectivos destinados a potenciar a funcionalidade didáctica do módulo bioclimático experimental “A Vieira”, a investigación na procura de solucións técnicas aplicando os criterios de respecto pola saúde e o medio ambiente que caracterizan á bioconstrución, conxuntando equipos de profesorado, alumnado e especialistas de disciplinas diferentes para unha aprendizaxe colectiva e que este recurso continúe a ser un referente de boas prácticas no sector da arquitectura e a construción.

Entre as actividades organizadas no ámbito deste proxecto destacamos as Xornadas técnicas sobre cubertas verdes orientadas ós sectores de xardinería, paisaxismo, edificación e obra civil.

No programa das xornadas atópanse visitas técnicas a diferentes propostas sobre hortos urbanos, veciñais e universitarios, cubertas verdes, recuperación de pequenos espazos naturais sometidos a elevada presión urbana, compostaxe e fitodepuración de augas residuais.

Agradecementos: Concellaría de Medio Ambiente e dirección do Centro Ágora do Concello de A Coruña. Lourdes López da Asociación das Hortas do Val de Feans. Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e todo o equipo de colaboradores.

Empresas: Malvecín SL, Érbedo.

Información ampliada do proxecto de innovación

Ver Información

Web CFEA Guísamo

Ver web

 

 

 

 

2018-08-10T08:57:23+00:00 10 Agosto 2018|Categories: Bioconstrución, Innovación|Tags: |

Localización e contacto

15024513
Someso 6, 15008, A Coruña, Galicia, España

Phone: 881 880 001

Web: cifpsomeso.edu.es

Relación con empresas

re@cifpsomeso.edu.es

Programas internacionais

international@cifpsomeso.edu.es

Acreditación e probas

acreditacionsomeso@gmail.com

Buzón de suxestións

Mandar suxestión