Mobilidade de formación de profesorado cunha beca Erasmus+ para educación superior KA103 en Algarve.

A profesora do CIFP Someso Natalia Vérez Cotelo foi unha das participantes do proxecto Erasmus+ KA103, pertencente á convocatoria de 2016, que ven de finalizar este curso pasado.

Entre o 21 e o 27 de maio deste ano, a nosa compañeira fixo unha estadía formativa xunto con outras 3 profesores de Imaxe persoal doutros centros educativos galegos. O centro de acollida foi o balneario de Monchique no Algarve.

Grazas a esta mobilidade as participantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man todas as técnicas de balneoterapia que alí realizan. Aproveitaron, asimismo, para facer contactos con outras empresas e institucións a fin de localizar potenciais socios de acollida para os nosos alumnos interesados en realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo, FCT, no estranxeiro.

O resultado desta experiencia foi plenamente satisfactoria pois cremos firmemente que será de utilidade para a xestión de próximos proxectos Erasmus+ de alumnos e profesores.

Asimesmo, a nosa compañeira tamén destaca que esta mobilidade lle permitiu mellorar as súas competencias lingüísticas, coñecer outros sistemas educativos e traballar con xente de culturas diferentes.

En resumo, unha experiencia moi completa tanto profesional e como persoalmente.

 

2018-10-10T16:03:31+00:00 05 Outubro 2018|Categories: IMP, Internacional|

Localización e contacto

15024513
Someso 6, 15008, A Coruña, Galicia, España

Phone: 881 880 001

Web: cifpsomeso.edu.es

Relación con empresas

re@cifpsomeso.edu.es

Programas internacionais

international@cifpsomeso.edu.es

Acreditación e probas

acreditacionsomeso@gmail.com

Buzón de suxestións

Mandar suxestión