Este verán, Daniel Braj, un estudiante checo de último curso dun ciclo de mecatrónica realizou unhas prácticas Erasmus+ de longa duración na empresa Blanco Mayer, pertencente ó grupo Caamaño.

En total, Daniel estivo 3 meses en A Coruña, dende mediados de xuño ata mediados de setembro. Durante este tempo, o alumno tivo oportunidade de traballar man a man cos traballadores desta empresa.

O centro de envío, un centro de FP especializado en formación relacionada co sector de mecanizado ubicado en Třemošnice, é unha das escolas coas que o CIFP Someso estableceu lazos este ano.

Se ben era esta a primeira vez que o noso socio enviaba alumnos durante tanto tempo ó estranxeiro, sen compañeiros e profesores acompañantes, a experiencia foi moi satisfactoria para tódalas partes implicadas. As cualidades personais e profesionais de Daniel, así como as facilidades e interés da empresa de acollida, así o fixeron posible. De feito, esperamos poder repetir a nosa colaboración nun futuro próximo.