Acreditación2024-04-15T11:08:17+02:00

PRESENTACIÓN

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

TRIPTICO ACREDITACIÓNS 2024
WEB ARA (Avaliación, recoñecemento e acreditación)
Convocatoria no Centro Integrado FP Someso

ENRIQUE FERNÁNDEZ PÉREZ

XEFE DO DEPARTAMENTO DE ACREDITACIÓN E PROBAS

Recoñecemento e avaliación de competencias profesionais

0034 881 880 001

acreditacion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Novas ACREDITACIÓN

Acredítese

Pon en valor a túa experiencia laboral.

Acredite toda unha vida de traballo.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.

Queremos recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.

Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida

Requisitos

1. FASE I

Asesoramento.

Nesta fase, un asesor ou unha asesora axúdache a compilar todas as probas que poidas achegar para defender a túa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Tamén realizarás un test de autoavaliación.

2. FASE II

Avaliación das competencias profesionais

A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que achegaches no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.

3. FASE III

Acreditación e rexistro das competencias.

Cando superes o proceso de avaliación obterás unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que demostraches a túa competencia profesional.

CIFP Someso

Enderezo: Someso 6, 15008 A Coruña

Teléfono: 881 880 001

 

CORREOS ELECTRÓNICOS: cifp.someso@edu.xunta.gal

Dirección: direccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Secretaría:

secretaria.cifp.someso@edu.xunta.gal

Xefatura de estudos:

xefatura.estudos.cifp.someso@edu.xunta.gal

Vicedirección:

vicedireccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

HORARIOS

Horarios do centro:

De 8,15 a 22,15 h

Horario lectivo:

De 8,30 a 22,15 h

 

Go to Top