Nesta sección atoparás toda a información que pensamos que pode ter interese para o noso alumnado relacionado cos seguintes temas, calendario escolar, horario, documentos con información do funcionamento de Centro, como o NOF (Normas de Organización e Funcionamento do Centro), a guía do alumnado, e a guía de delegados, as seccións bilingües que temos en funcionamento, cómo tes que facer para acceder a nosa aula virtual, e outros aspectos que poden ser de interese e que atoparás no menú principal.
HORARIOS
Para evitar as aglomeracións nas portas e corredores ao inicio da xornada e nos períodos de descanso, a actividade educativa, en horario de mañá, estrutúrase en dous horarios distintos, mantendo o da tarde nun único horario.
MAÑÁ
para todos os grupos de DE GRAO MEDIO E SUPERIOR de todas as familias profesionais do Centro.
Primeira hora | Segunda hora | Terceira hora | RECREO | Quinta hora | Sexta hora | Sétima hora |
---|---|---|---|---|---|---|
08:30-09:30 | 09:30-10:30 | 10:30-11:30 | RECREO | 12:00-13:00 | 13:00-14:00 | 14:00-15:00 |
MAÑÁ
para todos os grupos de GRAO BÁSICO de todas as familias profesionais do Centro.
Primeira hora | Segunda hora | RECREO | Cuarta hora | Quinta hora | RECREO | Sétima hora | Oitava hora |
---|---|---|---|---|---|---|---|
08:30-09:30 | 09:30-10:30 | RECREO | 10:45-11:45 | 11:45-12:45 | RECREO | 13:00-14:00 | 14:00-15:00 |
TARDE
Primeira hora | Segunda hora | Terceira hora | RECREO | Quinta hora | Sexta hora | Sétima hora |
---|---|---|---|---|---|---|
16:00-17:00 | 17:00-18:00 | 18:00-19:00 | RECREO | 19:15-20:15 | 20:15-21:15 | 21:15-22:15 |
PLANO
DOCUMENTOS DO CENTRO
Se es alumno do noso Centro, esta información é para ti. Agardamos que a leas para poder entendernos e para que nos coñezas mellor. Tamén che contamos o que tes que facer para poder acceder aos materiais online se vas traballar nalgún módulo na aula virtual.
Esperamos que a túa estancia no Centro sexa agradable, ogallá que inesquecible. Desexamos que nos lembres con agarimo ao longo da túa vida, estamos aquí para conseguir o mellor de ti.
CICLOS PLURILINGÜES E SECCIÓNS BILINGÜES
Ciclo Superior Programación da Produción en Fabricación Mecánica
1º CURSO
MP0007 – Interpretación gráfica
Don Fernando Román Freire
2º CURSO
Programación da produción
Empresa e iniciativa emprendedora
Ciclo Superior de Estilismo e Dirección de peiteado
1º CURSO
MP0750 – Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal
Dona Nuria Tarrío Yáñez
2º CURSO
MP1070 – Estudo da imaxe
Dona Laura Tellado López
MP1075 – Empresa e Iniciativa Emprendedora
Dona Nuria Couceiro Herrero
Ciclo Superior de Construcións Metálicas
1º CURSO
MP0246 – Deseño Construcións Metálicas
Dona Josefina Yáñez García
MP0251 – Formación e Orientación Laboral
Dona María Sanz Vázquez
2º CURSO
MP0247 – Definición de Procesos de Construcións Metálicas
Don José Luis Souto Otero
Ciclo Superior de Proxectos de Obra Civil
1º CURSO
MP0775 – Formación e Orientación Laboral
Dona María Sanz Vázquez
INSTRUCCIÓNS AULA VIRTUAL
Aquí poderás consultar as instruccións para acceder á Aula Virtual, cómo conseguir as túas credenciais e qué facer no caso de que as esquezas.
OLLO, este espazo NON é para a ensinanza de “Semipresencial ou online”, estes ciclos atópanse na plataforma de “FP a Distancia”
BIBLIOTECA
A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.
Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.
CARMEN GINÉS MAYOR
COORDINADORA DA BIBLIOTECA
SKILLS
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte organiza e promove competicións de destrezas (skills) da Formación Profesional, estimulando a estudantes, profesorado e empresas.
Se estás interesado en participar e non tes mais de 22 anos no ano da competición fala co teu titor/a para valorar a túa participación.
SERVIZOS
ORIENTACIÓN PROFESIONAL
O departamento de información e orientación profesional ten os seguintes ámbitos de intervención:
- Orientación académica sobre os itinerarios formativos, deseñando unha programación secuenciada e adaptada ás necesidades dos tramos de idade correspondentes a cada etapa educativa ou de formación.
- Información e/ou asesoramento: tanto á comunidade educativa como ao público en xeral.
- Inserción laboral e bolsa de emprego en coordinación co responsable da FCT.
- Acreditación de competencias profesionais: asesoramento e apoio técnico.
- Atención á diversidade. Concretado no Plan Xeral de Atención á Diversidade.
- Coordinacións con organismos e entidades para a prestación de servizos de orientación profesional.
- Emprendemento: fomentando a cultura emprendedora a través de diferentes actividades.
- Formación de profesionais da orientación profesional: promovendo a actualización constante dos membros do departamento.
CONTACTO
A responsable do Departamento de información e orientación profesional é Vanessa Naya Lorenzo se precisas contactar con ela podes facelo a través do teléfono de contacto ou na seguinte dirección de correo electrónico.
0034 881 880 004
orientacion.cifp.someso@edu.xunta.es
Novas de orientación para alumnado
FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO
Desde o departamento de relación con empresas levamos a cabo unha dobre función, por unha banda coordinamos a parte administrativa do módulo de prácticas nas empresas e por outra xestionamos a bolsa de emprego do CIFP Someso que permite poñer en contacto ás empresas co alumnado que cursaron Formación Profesional no noso centro educativo.
O antigo alumnado poderá inscribirse na bolsa de emprego subindo o seu currículo no formulario correspondente. Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización de prácticas pode poñerse en contacto connosco e solicitar alumnado en prácticas. As empresas que necesiten persoal poden comunicarnos as súas ofertas de emprego a través dos datos de contacto.
CONTACTO
O responsable do Departamento de relación coas empresas é Tomás Nogueira Castelo se precisas contactar con el podes facelo a través do teléfono de contacto do Centro ou no seguinte enderezo de correo electrónico.
0034 881 880 001
re@cifpsomeso.edu.es
Novas de FCT para alumnado
CURRICULUM
O obxectivo deste formulario de currículum vitae é que o CIFP SOMESO teña unha base de datos do noso alumnado que sirvan ao Centro para poñer en contacto ás diferentes empresas que así nolo solicitan co alumnado interesado.
Só se admitirán currículos feitos seguindo o modelo europeo.
Na seguinte ligazón podes descargar o documento base para preparar o teu currículo e subilo á nosa base de datos: