O NOSO TRABALLO

Gústanos o que facemos!

Ensinamos e aprendemos. Innovamos, emprendemos colaboramos, escoitamos e pensamos. Programamos, debuxamos, montamos e desmontamos, soldamos, mecanizamos, maquillamos, peiteamos, bioconstruímos, desenvolvemos proxectos. Facemos teatro, recollemos setas, xogamos ao fútbol, e ás veces cociñamos en fornos solares. E tamén falamos, falamos moito, en galego, en castelán, en inglés e en italiano. Viaxamos e coñecemos o mundo e o mundo coñécenos a nós. Compartimos o tempo do café con Javi e Loli. Celebramos.

O noso fin es ti.

SAÚDO DO DIRECTOR

VÍCTOR MANUEL VARELA MARIÑO

No nome da comunidade educativa do Centro Integrado de Formación Profesional Someso, douvos a benvida ao noso sitio Web; desexo que vos resulte de interese e utilidade.

Estás accedendo a un sitio web no que vas a atopar toda a información que precises da ampla oferta educativa dun centro que ven formando profesionais de diversos ámbitos desde o ano 1960, data da súa inauguración como Centro de Formación Profesional Acelerada nº5.

De Centro de Formación Profesional Acelerada pasou a Instituto de Formación Profesional, máis tarde transformouse nun Instituto de Educación Secundaria, no que ademais de estudos de Formación Profesional, tamén se ofertaba a E.S.O e Bacharelato, ata que no ano 2004 pasou a Centro Integrado de Formación Profesional.

Ler máis

IDENTIDADE FORMATIVA

O CIFP Someso é un Centro Integrado de Formación Profesional público, cunha traxectoria de máis de 50 anos formando profesionais cualificados para traballar nun entorno laboral en continua evolución.

  • Formación alumnado-empresa – orientado aos diferentes sectores produtivos e promovendo o emprendemento.

  • Diferentes itinerarios formativos – Presencial, modular, a distancia ou dual.

  • Seccións bilingües – docencia de algúns módulos en diversas linguas europeas.

A formación orientada aos diferentes sectores produtivos é posible grazas a formación continua e relación con empresas do noso equipo docente que redunda na mellora do proceso ensino-aprendizaxe dos nosos estudantes.

OS NOSOS VALORES

Formar profesionais, para contribuír ao desenvolvemento empresarial dos sectores relacionados coa nosa oferta educativa, con competencias axeitadas ás necesidades das empresas, capaces de trasladar aos seus postos de traballo a cultura da calidade, e a excelencia do traballo ben feito.

Fixamos as prioridades deste centro no entorno social e laboral, proporcionando unha ensinanza baseada en valores e orientada ao desenvolvemento integral dos alumnos que formamos en competencias profesionais e humanas, cunha alta cualificación profesional.
Ser un centro de referencia nas familias profesionais que aquí se imparten, “Edificación e Obra Civil”, “Fabricación Mecánica”, “Imaxe Persoal”, “Madeira, Moble e Cortiza” e “Transporte e Mantemento de Vehículos”, para o mundo empresarial e o educativo.

Intensificar a relación con empresas, ver as súas necesidades reais, e intercambiar experiencias que propicien o enriquecemento mutuo, e a transferencia tecnolóxica.
Orientar ao alumnado na súa formación, saídas laborais e académicas, fomentar a creatividade, o espírito crítico e a autonomía persoal cunha actitude positiva cara o esforzo e o traballo en equipo.
Favorecer a inserción laboral do alumnado do Centro, promover accións coas asociacións empresarias, universidades e outras entidades.

  • Consolidar o sistema de avaliación e acreditación de competencias profesionais, dándolles aos traballadores a oportunidade de ter un recoñecemento académico da súa experiencia laboral.
  • Manter actualizada unha bolsa de traballo a disposición de todo o alumnado.
  • Fomentar o espírito emprendedor participando nos distintos programas desta natureza.
  • Favorecer o coñecemento e a utilización da lingua galega, apoiando ao equipo de dinamización lingüística.
  • Promover o coñecemento das linguas estranxeiras, dando prioridade ao inglés ou outras linguas de países de acollida no caso de mobilidade de estudantes para a realización de prácticas.
  • Fomentar o espírito crítico e a responsabilidade do alumnado cara o mundo laboral. Coñecer os dereitos e garantías dos traballadores, así como as súas canles de representación, e relacións laborais.
  • Incidir sobre a importancia da saúde laboral e prevención de riscos laborais.
  • Promover a formación e actualización do profesorado como parte do proceso de mellora continua.

Somos un centro certificado en calidade pola empresa AENOR segundo a norma ISO 9001-2015  polo que temos que ter presente, no facer cotiá de cada un dos membros da comunidade educativa, a búsquea da excelencia educativa e a aspiración do crecemento cultural e profesional do alumnado.

A Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia, ten unha implicación e un compromiso claro coa calidade, como se retrata na nosa Misión, Visión e Valores.

Documento completo da POLÍTICA DE CALIDADE AQUÍ.

EQUIPO DIRECTIVO

Víctor Manuel Varela Mariño

Director

direccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Representante oficial da administración. Responsable da dirección e coordinación para lograr a excelencia e a calidade do CIFP Someso, a través dos órganos de goberno que constitúen o equipo directivo e docente.

Nuria Tarrío Yáñez

Vicedirectora

vicedireccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Responsable da Área de Calidade, Innovación e Orientación Profesional, con responsabilidade na xestión da calidade, na innovación educativa e tecnolóxica, na formación do profesorado, nos programas internacionais, na relación coas empresas, entidades, asociacións e outras institucións, na información e orientación profesional e na organización e na xestión dos procedementos de acreditación e probas.

Luis Antonio Garea Rodríguez

Xefe de estudos

xefatura.estudos.cifp.someso@edu.xunta.gal

Responsable da Área de formación, con responsabilidade na organización e na xestión das actividades formativas e do persoal docente do centro.

Luis Quintana Bernardo

Secretario

secretaria.cifp.someso@edu.xunta.gal

Responsable da Área de Administración Xestión con responsabilidade na administración e na xestión económica, administrativa, de material, de prevención de riscos laborais e de persoal non docente do centro.

ORGANIGRAMA

PLANO

ÁREAS

Os centros integrados de formación profesional teñen unha estructura interna distribuída en tres áreas funcionais, para afrontar os fins e as funcións que lle son propias: mellorar as relacións coa comunidade e co ámbito produtivo e fomentar as relacións e o intercambio de experiencias entre os centros integrados.

Tamén dentro das áreas funcionais están os órganos de coordinación, departamentos que completan o organigrama funcional do Centro.

  • Na área de calidade, innovación e orientación profesional, o departamento de información e orientación profesional, o de calidade e innovación, o de relación con empresas e o de acreditación e probas.
  • Na área de formación, os departamentos de familias profesionais, o de formación e orientación laboral, o equipo de dinamización da lingua galega, a coordinación da biblioteca e o departamento de dinamización de idiomas.
  • Na área de administración e xestión, a comisión de seguridade e saúde laboral.

ÁREA DE CALIDADE, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL

NURIA TARRÍO YÁÑEZ
VICEDIRECTORA
0034 881 880 001
vicedireccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

.

VER ORGANIGRAMA

ÁREA DE FORMACIÓN

LUIS ANTONIO GAREA RODRÍGUEZ
XEFE DE ESTUDOS
0034 881 880 001
xefatura.estudos.cifp.someso@edu.xunta.gal

.

VER ORGANIGRAMA

ÁREA DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

LUIS QUINTANA BERNARDO
SECRETARIO
0034 881 880 001
secretaria.cifp.someso@edu.xunta.gal

.

VER ORGANIGRAMA

DEPARTAMENTOS

Esta familia profesional abrangue as actividades da construción de edificios, obras civís e urbanismo.

A través dos ciclos superiores podes exercer profesións que participan na elaboración, coordinación e desenvolvemento do proxecto.

A formación básicas e ciclos medios, inclúe as profesións que realizan as operacións encamiñadas a materialización da obra (estrutura, albanelería e acabados).

Ver Departamento

Esta familia profesional prepárate para entrar no sector da industria metalúrxica, naval e industrial. Engloba tres grandes actividades produtivas, a fabricación de bens de equipo e máquina ferramenta, a fundición e as construcións metálicas (construción naval, material de transporte, estruturas…).

Aquí poderás formarte como torneiro, fresador, operador de máquinas ferramentas, soldador, tubeiro industrial, deseñador en CAD (calderería, estruturas, produtos…) ou como programador de sistemas automatizados, entre outros.

Ver Departamento

A familia profesional de imaxe persoal prepárate para atopar traballo no mundo da perrucaría e da estética en pequenas e medianas empresas, con gran demanda na actualidade.

Este é un sector produtivo moi amplo, tendo a posibilidade de desempeñar un gran abanico de ocupacións. Sendo as principais :técnicos en maquillaxe, depilación, manicura, peitador, barbeiro, electroestética, micropigmentación, masaxe, estética hidrotermal, asesoría artística de pieteado, asesor de imaxe, e asesoría de venta e demostración de produtos.

Ver Departamento

Os estudos impartidos dentro desta familia profesional permitirán que te prepares para traballar no sector da madeira e o moble. Segundo o ciclo elixido, poderás acceder a formación en deseño, planificación, fabricación e instalación de mobiliario e elementos de carpintaría; e estarás capacitado para desempeñar postos de traballo tanto na oficina técnica coma no taller ou na obra.

Ver Departamento

A continua evolución da tecnoloxía aplicada ao automóbil así coma aos procesos e organización dos talleres de reparación, obriga a que os profesionais deste sector deban estar tecnicamente altamente cualificados e preparados para adaptarse a continuos cambios.

A formación do profesorado, o permanente contacto con empresas e talleres, así coma a actualización dos nosos equipos técnicos e medios didácticos, permítenos asegurar unha formación baseada nas últimas tecnoloxías e preparar aos nosos alumnos para o futuro.

Ver Departamento

As ensinanzas que se imparten neste Departamento son transversais, estando presentes en todos os ciclos formativos tanto de grado medio coma superior.

Engloba dous módulos fundamentais, Formación e Orientación Laboral e Empresa e Iniciativa Emprendedora.

O primeiro deles contén a formación necesaria para desenvolver a carreira profesional, con pleno coñecemento dos dereitos e obrigas laborais. O segundo, contén a formación para desenvolver a propia iniciativa empresarial.

PABLO ANSEDE ESPIÑEIRA
XEFE DO DEPARTAMENTO
DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

0034 881 880 001
cifp.someso@edu.xunta.gal

No Departamento de relación con empresas realízase a xestión administrativa das prácticas en empresa, a provisión dos centros de traballo, as distintas exencións, as renuncias, os accidentes, as axudas económicas e a bolsa de emprego.

A información que sexa de utilidade, e que se precise ao longo do curso, relacionada con esta área podédela atopar na web no apartado correspondente de “Alumnado” ou “Profesorado” segundo o caso.

TOMÁS NOGUEIRA CASTELO
XEFE DO DEPARTAMENTO
DE RELACIÓN CON EMPRESAS

0034 881 880 001
re@cifpsomeso.edu.es

FCT PROFESORADO

.

FCT ALUMNADO

INMACULADA FERNÁNDEZ Y TEIJEIRO
XEFA DO DEPARTAMENTO
DE DINAMIZACIÓN DE IDIOMAS

0034 881 880 001
cifp.someso@edu.xunta.gal

O departamento de Calidade e Innovación deseña e implanta procedementos do plan de xestión de calidade e mellora continua garantindo o seu desenvolvemento e mantemento no funcionamiento do centro integrado. Deste departamento dependen as coordinacións de innovación e formación, TIC e programas internacionais. Os xefes de departamento do noso Centro integrado están integrados neste de Calidade e innovación.

O CIFP Someso participa en distintos programas internacionais que perseguen o fomento de accións de mobilidade e cooperación entre institucións educativas de diversa índole e empresas, co fin, entre outros, de mellorar as aptitudes e competencias profesionais de todos os participantes implicados e contribuír activamente á creación dun sentimento de cidadanía europea.

MARÍA SANZ VÁZQUEZ
COORDINADOR DO
DEPARTAMENTO DE CALIDADE

0034 881 880 001
xescal.cifp.someso@edu.xunta.gal

DOCUMENTOS CALIDADE

Departamento competente en avaliar e recoñecer as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación co fin de acadar unha certificación oficial.

ENRIQUE FERNÁNDEZ PÉREZ
XEFE DO DEPARTAMENTO
DE ACREDITACIÓN E PROBAS

0034 881 880 001
acreditacion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Ver Departamento

Este departamento está constituído pola orientadora do Centro, xefa desta unidade, e un profesor de cada unha das familias profesionais que temos.

Se precisas información sobre ofertas de formación, mercado laboral, acreditación de competencias ou itinerarios formativos e profesionais, entre outros, poderás atopar á orientadora no despacho 016.

VANESSA NAYA LORENZO
XEFA DO DEPARTAMENTO
DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL

0034 881 880 004
orientacion.cifp.someso@edu.xunta.gal

INFORMACIÓN E NOVAS

Departamento para o emprego do idioma galego como medio vehicular na Formación Profesional cara un futuro laboral e nas tarefas pedagóxicas e lúdicas, facendo do idioma galego un medio tamén para a integración social.

Ao longo do curso desenvólvense diversas actividades coma o Magosto, Concurso de árbores de Nadal, Concurso de Comparsas e Fotografía (Entroido), actividades relacionadas coa festividade das Letras Galegas, etc…

O coordinador é Marcos R. Seijo Miramontes, compañeiro do persoal docente do Centro, e os demais membros do equipo son:

Ana Rivera Freire (Personal Docente)
Antón González Díz (Personal Docente)
Maria Carmen Rama Rey (Personal Non Docente)

MARCOS R. SEIJO MIRAMONTES
COORDINADOR DO EQUIPO DE
DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

0034 881 880 001
marcoseijo@edu.xunta.gal

CERTIFICADO DE CALIDADE

O noso Centro está certificado en calidade pola empresa AENOR segundo a norma ISO 9001-2015, amparado polo Certificado ER-0412/2014 cuxo titular é XUNTA DE GALICIA REDE DE CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.
Para a impartición de formación profesional inicial (no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas) de grao medio e de grao superior nas familias profesionais de edificación e obra civil, fabricación mecánica, transporte e mantemento de vehículos, imaxe persoal e maderia, moble e cortiza.
E para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

POLÍTICA DE CALIDADE

HISTORIA

1960

O CIFP Someso, foi inaugurado o 29 de agosto de 1960 como Centro de Formación Profesional Acelerada n°5.

A formación que se impartía na Acelerada, nome polo que se coñecía o centro, era naqueles anos moi innovadora. Era unha ensinanza baseada na FPA francesa, de tipo intensivo, cunha duración media de 6 meses, que supoñía 1000 horas por curso. O centro tivo nesta época un gran prestixio como institución docente, onde se formaron 11.530 profesionais dos distintos oficios. O alumnado do centro incorporábase ao mundo laboral como traballadores cualificados, acadando en pouco tempo postos de responsabilidade nas empresas.

Cumpre destacar como obras significativas desta época: a fonte de Catro Camiños, réplica da que se atopa na entrada do instituto; o reloxo luminoso, situado no centro do complexo que se divisaba dende a cidade; e ata un Belén con efectos de luz, moi visitado polo Nadal. Obras, estas últimas, xa desaparecidas.

1996 – 1984

No ano 1984 toma o nome de Centro de Formación Profesional Someso. Comezan as ensinanzas da Formación Profesional regrada coas titulacións de Técnico Auxiliar e Técnico Especialista.

A partir do ano 1988 o centro pasa a depender da Xunta de Galicia. Dáselle a partir do ano 1989 un forte pulo coa remodelación de parte dos talleres, pero é en 1991 cando adquire a fisonomía actual ao se construír o aulario central do Instituto. Na mesma parcela créase a Escola de Imaxe e Son. Coa promulgación da LOGSE, cámbiase de novo o nome do centro pasando a denominarse Instituto de Formación Profesional Someso; implántanse os estudios de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato Tecnolóxico e comeza a nova formación profesional cos Ciclos Formativos de Grao Medio, e no ano 1996 os de Grao Superior.

Nos últimos anos

Pero aí non rematan os cambios. No ano 2006 créanse en Galicia os Centros Integrados de Formación Profesional, e dada a traxectoria do centro fomos incluídos, pasando a ser Centro Integrado de Formación Profesional Someso. Etapa na que nos atopamos.

A diferencia fundamental deste tipo de centro e que nel se poden impartir tódolos subsistemas de Formación Profesional. Regrada, Continua e Ocupacional. Polo que a oferta dos Centro Integrados é dinámica e acorde coas necesidades empresarias e coa cualificación dos futuros traballadores.

LIBRO 50 ANIVERSARIO
VIDEO 50 ANIVERSARIO
FOTOS DA NOSA HISTORIA

OS NOSOS DIRECTORES

COLABORACIÓNS

NO NOSO MUNDO COLABORAN

GALERÍA