Nesta sección atoparás toda a información que pensamos que pode ser útil para o profesorado do Centro, como o calendario escolar, ou documentos oficiais propios, de calidade ou da FCT. Tamén podes atopar información de cómo proceder para crear un curso na aula virtual, ou temas formais relacionados coas validacións que sempre xeran confusións. O profesorado de nova incorporación poderá acceder á guía correspondente, que responde ao proceso de acollemento, a través dun usuario persoal que dá acceso á parte privada da web.  Ademais atoparedes un apartado de ligazóns que poden ser de interese e utilidade nalgún momento. E xa por último, o apartado de permisos coa lexislación vixente correspondente.

CALENDARIO ESCOLAR

O comezo das clases durante o curso 2023-2024 será o 11 de setembro, e remataremos o 21 de xuño de 2024.

Os días NON LECTIVOS  propios do centro serán o 13 de outubro e 16 de maio.

CALENDARIO ESCOLAR. AVALIACIÓNS. SEGUIMENTOS. FCT 2023_2024

CONVIVENCIA

A creación da aula de Convivencia xorde como unha necesidade de dar resposta á atención educativa que require a diversidade do alumnado dos centros. Exponse como unha medida para tentar mellorar as condutas e actitudes daqueles estudantes que presentan dificultades na convivencia e, con iso, mellorar o clima de convivencia do grupo-clase e do centro no seu conxunto

DECRETO de convivencia
PARTE DE INCIDENCIAS

CONDUTAS CONTRARIAS ÁS NORMAS DE CONVIVENCIA

Neste enlace terás acceso ao “Parte de incidencias” pertencente ao procedemento corrector do documento “Condutas contrarias ás normas de convivencia” do CIFP Someso (Lei 4/2011 – Decreto 8/2005).

PARTE DE INCIDENCIAS

DOCUMENTOS DO CENTRO

DOCUMENTOS PÚBLICOS

PLANS

DOCUMENTOS DE CALIDADE

A coordinadora do Departamento de Calidade do CIFP Someso é , María Sanz Vázquez, se tes algunha dúbida podes contactar con ela no seguinte enderezo: xescal.cifp.someso@edu.xunta.gal

DOCUMENTOS FCT

O responsable do Departamento de relación coas empresas é Tomás Nogueira Castelo. Se precisas contactar con el, aquí tes o seu enderezo de correo electrónico: re@cifpsomeso.edu.es

ORDE QUE REGULA A FCT
PÓLIZA SEGURO FCT 2023-2025
FOLLA ACTIVIDADES FCT
EXENCIÓN FCT
ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN

DOCUMENTOS PRIVADOS FCT

Neste enlace terás acceso aos documentos da FCT para profesorado que teñen carácter privado e que terás acceso a través do usuario persoal da web. En caso de non dispoñer dun usuario privado deberase solicitar á xefatura de estudos.

ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN

AULA VIRTUAL

O profesorado que desexe abrir un curso na aula virtual do CIFP Someso, ou desexe recibir información de como montala, ou simplemente ten curiosidade polo tema, pode enviar un correo á persoa responsable da área a través do enderezo tic.cifp.someso@edu.xunta.gal solicitando a información que precise.

O alumnado pode atopar as instrucións de cómo matricularse nos cursos da aula virtual na web do Centro:  enlace_directo.

PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN

O profesorado de nova incorporación deberá achegarse ao Centro para incorporarse ao seu novo posto de traballo. Nesta primeira visita, dentro do compromiso do noso CIFP coa calidade, deberá recibir un documento coñecido coma “Guía do profesorado de nova incorporación”, de tal xeito que tras a súa lectura se teña información precisa sobre os aspectos xerais do funcionamento do CIFP Someso.

Para manter o noso compromiso co medioambiente esta guía está dispoñible, neste bloque, en formato dixital.

Desde a dirección do Centro enviaranche información sobre como solicitar o teu usuario para a parte privada da web.

BANCO DE RECURSOS CON MATERIAIS PARA FP

LIGAZÓNS

PERMISOS

Neste apartado atoparás a lexislación vixente referente a permisos, licenzas e vacacións do persoal docente. Ademáis tamén poderás descargar os anexos correspondentes para facer a petición que precises. Estes impresos deberán ser entregados en xefatura de estudos.

ANEXO IV. DIRIXIDO Á XEFATURA TERRITORIAL
ANEXO V. DIRIXIDO Á DIRECCIÓN DO CIFP SOMESO