Innovación

Innovación 2018-09-12T15:16:39+00:00

Project Description

PRESENTACIÓN

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos. Preténdese potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e/ou outras entidades, buscando a calidade e a excelencia na Formación Profesional, e o fomento do emprendemento.

Neste sentido, a “Estratexia Europa 2020”, proposta pola Comisión Europea, incorpora como un dos seus obxectivos o impulso dunha Formación Profesional que propicie novas experiencias no campo da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.

A lexislación vixente establece como fin da educación o fomento e a promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa.

A innovación na Formación Profesional e o fomento da relación entre os centros educativos e as empresas permitirá a transformación do coñecemento e da creatividade en produtos e servizos que se integren no mercado, incrementando a competitividade das nosas empresas.

EUSEBIO CHAO CARREIRAS
COORDINADOR DE
INNOVACIÓN E FORMACIÓN

0034 881 880 001
cifp.someso@edu.xunta.es

PROXECTOS DE INNOVACIÓN

NOVAS

Localización e contacto

15024513
Someso 6, 15008, A Coruña, Galicia, España

Phone: 881 880 001

Web: cifpsomeso.edu.es

Relación con empresas

re@cifpsomeso.edu.es

Programas internacionais

international@cifpsomeso.edu.es

Acreditación e probas

acreditacionsomeso@gmail.com

Buzón de suxestións

Mandar suxestión