Internacional

Internacional 2018-10-03T14:41:38+00:00

Project Description

PRESENTACIÓN

A dimensión internacional do CIFP Someso é un aspecto sobre o que se estivo a traballar arreo estes últimos anos co fin de adaptarse ós cambios experimentados polo mundo no que vivimos, con barreiras entre países máis difusas e cada vez máis globalizado, e respostar axeitadamente ás demandas dos membros da nosa comunidade escolar.

Entre os nosos obxectivos hai un que destaca sobre todos. Basicamente, o constituírse como unha ferramenta de utilidade a todos aqueles, estudantes, docentes e persoal non docente, interesados na mellora e actualización das súas competencias profesionais.

A transferencia de boas prácticas e a posibilidade de completar a formación en institucións educativas ou empresas estranxeiras de prestixio son exemplos evidentes das accións asociadas a esta faceta promovida polo CIFP Someso.

Os proxectos internacionais desenvolvidos no CIFP Someso enmárcanse dentro dos denominados programas educativos europeos, promovidos e subvencionados pola Unión Europea. Estes programas organízanse en sexenios e, na actualidade, entre os anos 2013 e 2020, estamos inmersos no denominado programa Erasmus+.

Ler máis…
CARTA ERASMUS 2011-2013
ECHE 2014-2020

JOSE LUIS SOUTO OTERO
COORDINADOR DE PROGRAMAS INTERNACIONAIS

0034 881 880 001
international@cifpsomeso.edu.es

PROGRAMAS EUROPEOS ERASMUS+

Erasmus+ é o programa da UE de apoio á educación, formación, xuventude e deporte en Europa. O seu presuposto de 14.700 millóns de euros ofrecerá oportunidades de estudo, adquisición de experiencia e voluntariado a máis de 4 millóns de europeos durante o seu periodo de vixencia, é dicir, o sexenio comprendido entre os anos 2014 e 2020.

MÁIS INFORMACIÓN

O programa Erasmus+ organízase segundo as denominadas accións clave (Key Action; KA). Son:

  • KA1: Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaje.
  • KA2: Cooperación para a innovación e intercambio de boas prácticas.
  • KA3: Apoio á reforma de políticas europeas en materia de educación.
Ler máis…
SEPIE
SEPIE FP
SEPIE SUPERIOR
Erasmus+ Policy Statement
Plan de Desenvolvemento Europeo

ERASMUS+. PROXECTOS DE MOBILIDADE KA1

Mobilidade das persoas, alumnado e profesorado, por motivos de aprendizaxe.

KA102
KA103
KA107

ERASMUS+. KA1. MOBILIDADES ALUMNADO

Desde que se comezou, no ano 2013, fixéronse máis de 50 mobilidades de alumnado das distintas familias profesionais do CIFP Someso. Os lugares de acollida foron moi dispersos, chegando aos seguintes países:

PORTUGAL, FRANCIA, ITALIA, MALTA, ALEMAÑA, POLONIA, REINO UNIDO, FINLANDIA E HOLANDA.

ERASMUS+. KA1. MOBILIDADES PROFESORADO

EUROPA

TAILANDIA

ERASMUS+. PROXECTOS DE ASOCIACIÓNS KA2

Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas.

PROXECTOS ACTUAIS

PROXECTO ERASMUS + 2018-1-ES1-KA103-049347

Este proxecto de mobilidade dirixido ao alumnado e profesorado de educación superior é un dos novos proxectos propios do CIFP Someso que veñen de ser aprobados neste ano 2018.

Ao longo dos 2 próximos anos, alumnado e profesorado do CIFP Someso levarán a cabo experiencias de mobilidade en países da UE a fin de realizar prácticas en empresa, ben para cursar a FCT, ben como recén titulados, ben para completar as súas competencias profesionais, realizarán estadías formativas en institucións socias, asistirán a cursos de formación ou impartirán docencia.

Outra posibilidade que non se desbota é a de contar con expertos de empresa estranxeiros a fin de impartir docencia nas nosas instalación.

Ao longo dos próximos meses iranse abrindo as diversas convocatorias de prazas en función das prioridades marcadas polo centro.

Esperamos contar convosco.

PROXECTO ERASMUS + 2018-1-ES01-KA107-049345

Este proxecto de mobilidade dirixido ao alumnado e profesorado de educación superior é un dos novos proxectos propios do CIFP Someso que veñen de ser aprobados neste ano 2018.

Ao longo dos 2 próximos anos, o alumnado e profesorado do CIFP Someso e das institucións socias levarán a cabo experiencias de mobilidade a fin de impartir docencia, recibir formación ou realizar prácticas en empresa.

Os socios neste proxecto son a Universidade de Sarajevo (Bosnia Herzegovina) e unha empresa do sector afín ao sector da estética ubicada en Bangkok (Tailandia). Os sectores obxectivo das actividades desenvolvidas son a fabricación mecánica, automoción e estética.

A índole destas actividades varía en función das características do socio en cuestión. Como resumo das actividades a desenvolver sinalar que, grazas a este proxecto, alumnado e profesorado do CIFP Someso e da Universidade de Sarajevo recibirán formación nas súas institucións de orixe impartido por docentes da institución socia, alumnado da Universidade de Sarajevo realizará prácticas en empresas de acollida españolas durante 2 meses, e profesorado e alumnado do CIFP Someso recibirá formación por parte e expertos de empresa do noso socio tailandés en materia de masaxe tradicional tailandés.

Ao longo dos próximos meses iranse abrindo as diversas convocatorias de prazas en función das prioridades, necesidades e disponibilidade do noso centro e socios colaboradores.

Esperamos contar convosco.

PREPARACIÓN LINGÜÍSTICA

O dominio de linguas estranxeiras cando se traballa en materia de programas internacionais é altamente desexable xa que un dos aspectos claves destes proxectos é a comunicación con cidadáns doutros países.

No caso do alumnado en prácticas, nalgúns casos, o manexo dunha lingua estranxeira é un dos requisitos esixidos polos nosos socios (empresas ou centros educativos estranxeiros), é dicir, pode impedir a realización desa mobilidade. Isto faise extensivo tanto a alumnado de grao medio como superior e depende, sobre todo, do país de destino e do perfil profesional do ciclo. Por exemplo, todos os ciclos que supoñan un contacto directo co cliente ou que teñan unha carga importante de traballo administrativo ou en oficina técnica.

Ler máis…

ONLINE LINGUISTIC SUPPORT (OLS)

Todo o alumnado con beca Erasmus+ de prácticas en empresa terá á sua disposición un curso lingüístico online da lingua que van empregar na súa mobilidade. Este curso está dispoñible a través da plataforma Online Linguistic Support (OLS).

OLS

CURSOS DE LINGUAS

Na rede atoparedes opcións gratuitas de cursos de linguas que tamén poden resultar de utilidade.


ITALIANO Rai italiano
Italiano al dente

FRANCÉS Savoirs
Apprendre

INGLÉS Bbc
El Blog de inglés

TRADUTOR IDIOMAS
SPANISH ENGLISH TRANSLATION

DOCUMENTACIÓN

CURRÍCULUM VÍTAE

O modelo de CV que imos empregar é o correspondente ao formato Europass. No link amosado a continuación atoparedes toda a información ao respecto.

Recomendamos, sobre todo, a opción de elaboración do CV en liña pois xenera un arquivo en formato PDF + XML que permite sempre modificacións posteriores a través da web.

EUROPASS. CURRÍCULUM VÍTAE

CARTA DE PRESENTACIÓN

Nalgúns casos, os nosos socios demandan unha carta de presentación para coñecer así as intereses e inquietudes do candidato, así como os motivos da súa interese por traballar aí.

No botón amosado aquí ou na parte correspondente ao CV, podes xerar esta carta de presentación.

EUROPASS. CARTA MOTIVACIÓN

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Todos os interesados en participar nos proxectos de mobilidade Erasmus+ promovidos e xestionados polo CIFP Someso deben entregar, no prazo establecido en cada convocatoria, a súa solicitude de inscrición.

No seguinte botón atoparedes o arquivo a encher.

FORMULARIO INSCRICIÓN

BAREMO DE SELECCIÓN

Todos os solicitantes de mobilidades Erasmus+ serán avaliados dacordo a un baremo. Dependendo do seu perfil, alumnado ou profesorado, o baremo é diferente.

No seguinte botón atoparedes os arquivos correspondentes a un e outro caso.

BAREMO ALUMNADO
BAREMO PROFESORADO
RECOMENDACIÓNS MINISTERIO PARA ERASMUS

FAQ

Quen pode participar nos programas internacionais promovidos polo CIFP Someso? 2018-08-22T14:07:18+00:00

Calquera dos diversos membros da comunidade docente do CIFP Someso, alumnado
e/ou profesorado de todos os niveis educativos. A persoa que che poderá explicar as
opcións existentes nese momento será o coordinador de programas internacionais.

En que tipo de proxectos se pode participar? 2018-08-22T14:03:24+00:00

Os tipos de proxectos son de 2 tipos: mobilidade ou colaboración.
No caso dos proxectos de mobilidade, o máis popular no CIFP Someso son as prácticas
en empresa por parte de alumnos e profesores e no caso dos proxectos de
colaboración, son os proxectos Etwinning que permiten traballar online sobre un tema
dado con alumnos e profesores dun centro estranxeiro.

Que opcións hai dentro dos proxectos de mobilidade? 2018-08-22T13:59:39+00:00

As opcións cambian en función de que esteamos a falar de alumnado ou profesorado.

O alumnado, polo xeral, realiza integramente o módulo de FCT (Formación en Centros de Traballo) ou ben fan prácticas en empresa unha vez rematan o ciclo (recén titulados). A maiores existe outra opción, se ben, ata o momento, aínda non houbo alumnado interesado. Estamos a falar das mobilidades de estudios que permiten cursar parte dos módulos profesionais no estranxeiro.

O profesorado pode realizar prácticas en empresa, facer estadías en centros educativos, asistir a cursos de formación ou impartir docencia.

Que significa recén titulado? 2018-08-22T14:01:12+00:00

Todo alumnado de Formación Profesional que remate un ciclo formativo será considerado como recén titulado sempre que non pase 1 ano a partir da data da avaliación final do seu ciclo. Isto dalle a oportunidade de facer prácticas en empresa nalgún dos proxectos Erasmus + promovidos ou xestionados polo CIFP Someso.

Que significa elexible? 2018-08-22T14:10:43+00:00

Significa que a actividade á que está referida esta palabra cumpre os requisitos esixidos e, polo tanto, é válida para ser financiada a través dun proxecto Erasmus+. Por exemplo, unhas prácticas en empresa ou un curso de formación.

Son todos os proxectos de mobilidade Erasmus+ iguais? 2018-08-22T14:09:42+00:00

Non. No caso do CIFP Someso, nós xestionamos proxectos de grao medio e grado superior. O alumnado ou profesorado que estean asociados a ciclos de grao medio só poden optar a proxectos Erasmus+ desta categoría. O mesmo aplica ós ciclos de grao superior.

Os cursos de formación de profesorado son elexibles en todos os proxectos Erasmus+? 2018-08-22T14:11:58+00:00

A financiación de cursos de formación só se admite en proxectos Erasmus+ de educación superior, é dicir, só no caso de profesores que teñan docencia en ciclos de FP de grao superior.

Eu son alumno e quero facer unhas prácticas no estranxeiro. Que teño que facer? 2018-08-22T14:15:21+00:00

Todos os anos ábrense convocatorias de prazas Erasmus+ para o alumnado interesado en facer prácticas de empresa no estranxeiro. Polo xeral, estas son nos meses de novembro e maio.

Tes que estar atento á información publicada na web do centro e no taboleiro de anuncios de programas internacionais. De todos os xeitos, sempre se fan unhas xornadas informativas ás que se invita a todos os alumnos de 2º curso de réxime ordinario e modular, nas que se vos explica todo isto. Esta información faise chegar aos vosos titores, polo tanto, eles tamén están informados e poden axudarvos.

Eu son alumna/o de 1º curso e teño claro que quero facer unhas prácticas no estranxeiro. Que teño que facer? 2018-08-22T14:19:43+00:00

Ata o momento, no CIFP Someso só se organizan prácticas en empresa para alumnado de 2º curso, ben para facer a FCT, ben despois de obter o título. Se tes moi claro que queres facer as prácticas fóra, a nosa recomendación é que te poñas a estudiar o idioma que vaias empregar no país onde queres facer as prácticas. No seu defecto, non está de máis que repases algo de inglés. Sempre é de utilidade.

Cales son os requisitos para participar? 2018-08-22T14:23:48+00:00

Debes ser alumna/o de 2º curso ou recén titulados do CIFP Someso.

É importante o expediente académico? 2018-08-22T14:29:08+00:00

O teu expendiente é parte do baremo que se emprega para seleccionar ós alumnos Erasmus+. Obviamente, canto mellor sea, máis posibilidades terás de conseguir unha praza.

Cales son as características que debería ter todo becario Erasmus+? 2018-08-22T14:33:06+00:00

O máis importante de todo é a ilusión e as gañas de participar no programa. A experiencia que vos ofrece Erasmus + é marabillosa pero depende moito da vosa actitude.

Ademais das gañas, é moi importante tamén a túa personalidade. En moitas ocasións, o alumnado do CIFP Someso está só no estranxeiro e debe manexarse pola súa conta en todos os aspectos da sua estadía. Polo tanto, canto máis dinámico e independente sexas, máis doado será para ti.

O aguante é importante, sobre todo, ó comezo da estadía. As primeiras semanas son as máis difíciles pois é cando comezas a vivir nun entorno completamente alleo ao teu, sen familia, parellas, amigos, etc. Non hai que achicarse, hai que estar activo e receptivo ás opcións que vos vaian aparecendo na empresa, supermercado, no bar onde almorzas, etc.

Por último, a túa competencia profesional tamén é importante. É certo que aínda estás estudiando, que non es un profesional, pero canto mellor sexas no teu, máis che valorarán na empresa. De tódolos xeitos, é moi importante encaixar ben na empresa, cos compañeiros. A humildade, seriedade, actitude e puntualidade no traballo son básicas.

Que me esixe o CIFP Someso? 2018-08-22T14:34:30+00:00

O CIFP Someso o que che esixe é compromiso e seriedade. Ninguén vos obriga a participar no programa Erasmus+. Nós ofrecémoscho porque pensamos que pode ser una experiencia fantástica, non só académicamente senón que tamén personalmente.

O proceso de procura de empresa é complexo e, durante estes últimos anos, sempre tivemos a axuda de socios que traballaron desinteresadamente para nós, sen cobrar un euro. Dado que non lles pagamos nada polo seu traballo, o que non podemos admitir é que, a causa dun capricho pasaxeiro teu, un dos nosos socios traballe en balde procurando unha empresa. Isto provocaría unha perda de confianza no CIFP Someso e nós queremos ter de man aos nosos socios para que nos sigan axudando cos nosos proxectos Erasmus+.

Se non tes claro que queres facer as prácticas no estranxeiro ou non queres asumir o compromiso de irte fóra, o mellor é que non te apuntes.

Cal é a duración das prácticas no estranxeiro? 2018-08-22T14:38:26+00:00

No caso da FCT, deberás cursar íntegramente as práticas fóra.

No caso dos alumnos recén titulados, o periodo minimo será de 2’5 meses sendo posible aumentar a duración da estadía. De tódolos xeitos, neste caso o ideal é poñerse en contacto co coordinador de programas internacionais canto antes.

Cando se poden facer as prácticas no estranxeiro? 2018-08-22T14:39:31+00:00

Tes dúas opción: facer a FCT ou facer unhas prácticas como recén titulado.

No caso da FCT, os periodos habilitados para facer a FCT son os comprendidos entre abril e xuño, setembro e decembro ou xaneiro e marzo.

Non esquezas que para poder facer a FCT no estranxeiro, teñas ou non beca Erasmus+, é obrigatorio estar matriculado. Hai prazos moi estrictos respecto a isto. Podes obter máis información na secretaría do centro.

No caso das prácticas como recén titulado podes facelas dentro dos 12 meses posteriores á data da avaliación final onde remataches o ciclo, sempre e cando as remates antes desa data.

Neste caso non hai periodos establecidos para marchar. Iso si: debes poñerte dacordo co CIFP Someso na planificación desta mobilidade.

Que teño que presentar para optar a unha beca Erasmus+? 2018-08-22T14:40:22+00:00

Antes da data de finalización da convocatoria de prazas aberta debes entregar o formulario de inscrición. Este formulario atoparalo no apartado de documentación da sección de internacional.

Cando podo solicitalas? 2018-08-22T14:41:31+00:00

Cando estea aberta algunha das convocatorias de prazas Erasmus+.

No caso dos alumnado que queira realizar prácticas en empresa como recén titulados, recomendámosvos que vos poñades en contacto co coordinador de programas internacionais o antes posible, aínda que non haxa unha convocatoria aberta nese momento, e sempre antes da vosa avaliación final de ciclo.

Como se fai a selección? 2018-08-22T14:42:25+00:00

A selección dos candidatos faise dacordo a un baremo que atoparás no apartado de documentación da sección de internacional.

Cando se coñece o resultado? 2018-08-22T14:43:02+00:00

Aproximadamente, 4 semanas máis tarde da data de finalización de solicitudes o resultado é publicado no taboleiro de programas internacionais do centro. Tamén se informa do mesmo a través do email ós interesados.

Hai que entregar máis documentación unha vez fun seleccionado para unha beca Erasmus+? 2018-08-22T14:44:09+00:00

A todo o alumnado seleccionado pídesevos a realización dun Currículum Vitae (CV) segundo formato Europass escrito na lingua do país de acollida ou, no seu defecto, en inglés. En ocasións tamén se solicita unha carta de presentación, tamén seguindo este mesmo formato.

A información relativa ó formato Europaas atoparédela no apartado de documentación da sección de internacional.

Existe algún prazo para entregar o CV en formato Europass? 2018-08-22T14:45:24+00:00

Si. É fundamental presentar en tempo un CV o máis perfecto posible pois axudará a atopar a empresa de prácticas o antes posible.

Dirásevos con tempo abondo cal é este prazo. En caso de non respetalo, a praza Erasmus+ será anulada.

En que países se poden facer as prácticas? 2018-08-22T14:46:32+00:00

En calquera dos estados membros da Unión Europea así como Noruega, Liechtenstein, Islandia, Turquía, Macedonia e países da antiga Yugoslavia.

Existe a opción tamén de facer as prácticas en paises fóra da UE e que non son ningún dos mencionados anteriormente. Isto é unha cuestión máis complexa. No caso de estar interesados, o mellor é poñerse en contacto co coordinador de programas internacionais para coñecer os detalles.

Hai países que teñan prioridade sobre outros? 2018-08-22T14:47:15+00:00

O CIFP Someso vai priorizar aqueles socios que son fiables, é dicir, onde se teñen organizado prácticas en empresa ou estadías en centros educativos con resultados positivos en convocatorias anteriores.

Cal é o importe da beca Erasmus+? 2018-08-22T14:50:03+00:00

A cantidade que vas recibir depende do grado do ciclo formativo que esteas cursando. Os alumnos de grao medio teñen unhas becas mellores que as dos alumnos de grao superior. Isto débese a que se quere aumentar as mobilidades deste tipo de alumnado con respecto ao outro.

A cantidade final vai depender da convocatoria á que pertence o proxecto aprobado, do país de prácticas e da duración real das prácticas.

En xeral, os alumnos de grao superior deben ter aforros propios que lles permitan facer as prácticas fóra pois a súa beca é bastante xusta.

Por exemplo, con números pertencentes á convocatoria de 2016, sendo Italia o país de destino e considerando unha estancia de 2’5 meses, os alumnos de grado medio tiveron unha beca de 2800 € aproximadamente  mentres que os de grao superior tiveron unha beca de 1000 €.

Pódese xuntar a beca Erasmus+ coa beca da FCT da Consellería de Educación? 2018-08-22T14:51:16+00:00

Non existe unha resposta definitiva a esta pregunta pois isto depende do que decida a Consellería de Educación. Cada ano, a finais de abril ou comezos de maio, a Consellería de Educación publica unha orde de axudas para o alumnado que realiza a FCT.

Ata o día de hoxe, a tendencia da Consellería é non dar beca aos alumnos de grao medio con beca Erasmus+ e si aos de grao superior. A beca que reciben estes últimos correspóndese co 50% das cantidades establecidas nesa orde.

Podo facer a FCT no estranxeiro se non teño unha beca Erasmus+? 2018-08-22T14:52:02+00:00

Si, é posible. O único que debes ter en conta é que, salvo as becas para a realización da FCT que convoca a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, non hai outra opción.

Neste caso, o importe da beca será o 100% do indicado na orde de axudas á FCT publicada pola Consellería de Educación.

Cando se fan os pagos? 2018-08-22T14:53:22+00:00

Dependendo do tipo de beca, Erasmus+ ou FCT da Consellería, os pagos da beca son diferentes.

No caso das becas Erasmus+, recibirás entre o 80-90% da súa beca antes de comezar a mobilidade ou, como moi tarde, nas primeiras semanas da túa mobilidade. O resto da beca recibirala cando remates as prácticas, entregues toda a documentación e se pechen todos os trámites asociados á túa mobilidade.

No caso das becas da Consellería, recibirás o 100 % da beca varios meses máis tarde logo de rematar as prácticas. O tempo de espera dependerá do periodo no que as fagas: abril a xuño ou setembro a decembro. De tódolos xeitos, debes contar cun mínimo de 3 meses de espera.

Como se busca a empresa de prácticas? 2018-08-22T14:54:17+00:00

Podes decidir como se organiza esta procura. Existen 3 opcións:

  • O alumno proporciona a empresa.
  • O CIFP Someso proporciona a empresa.
  • Unha empresa intermediaria (de pago) proporciona a empresa.

Debes ter en conta que, no caso de que optes pola empresa intermediaria, ti vas pagar o custo dos seus servizos. Nos outros dous casos non se debe pagar nada pola procura da empresa

Que é unha empresa intermediaria? 2018-08-22T14:55:58+00:00

Unha empresa intermediaria é unha empresa que se adica a localizar empresas de prácticas para alumnado interesado en facer prácticas no estranxeiro. Asimesmo, tamén se encarga de buscar aloxamento ao alumna/o, realizar tarefas de seguemento e apoio ao estudante durante a súa estadía no estranxeiro.

Este servizo ten un custo que depende da empresa utilizada e que é pagado polo estudante.

Aparece sempre a empresa de prácticas? 2018-08-22T14:57:25+00:00

Non temos unha garantía do 100% de que apareza a túa empresa de prácticas. Sobre todo, cando a buscamos pola nosa conta: ben a través dos teus contactos, ben a través dos do CIFP Someso.

No caso das empresas intermediarias sí existe esa garantía pois a empresa non cobra nada se non che da colocado. Obviamente, vai facer todo o posible porque marches xa que así cobra.

Estes últimos anos, a meirande parte dos alumnos interesados en Erasmus+ optaron por usar buscar pola nosa conta. Sen embargo, non sempre apareceu a empresa de acollida.

É importante o idioma? 2018-08-22T14:59:05+00:00

No apartado de preparación lingüística da sección internacional coméntase polo miúdo todo isto. En xeral podemos dicir que é moi importante. En ocasións é un requisito, é dicir, sen un mínimo de dominio da lingua de traballo antes de marchar ao estranxeiro, hai empresas ou centros de FP estranxeiros que non van colaborar connosco. De feito, hai ocasións nas que terás que superar entrevistas por teléfono ou Skype.

Debes ter en conta que canto mellor manexes a lingua do país onde vas ou, no seu defecto, outra que che sirva para comunicarte alí, vas a disfrutar moito máis da túa experiencia. Tanto na empresa como no teu tempo libre.

Se o teu sector profesional supón un traballo directo con clientes ou precisa de manexar moita documentación ou traballar en oficina, é conveniente que te tomes moi en serio o idioma.

Como se resolve a preparación lingüística? 2018-08-22T15:04:20+00:00

No apartado de preparación lingüística da sección internacional coméntase polo miúdo todo isto e as opción que tes dentro e fóra de Someso.

Dende logo, se tes claro que queres probar marchar fóra, o noso consello é que non esperes ao último día para estudar algo do idioma que vas manexar alá. No caso do inglés, todos vos tedes unha base logo de facer ESO ou bacharelato. A pouco que traballes un pouco todos os días durante unhas semanas, de 15 a 30 minutos, con regularidade, notarás unha melloría.

Lémbrate que todos os alumnos con beca Erasmus+ teredes acceso a un curso online que vai estar activo varios meses, antes da mobilidade e durante. O único que precisas é un pouco de gañas. Este curso ofrécese a través dunha plataforma online chamada OLS.

Deberás facer, obrigatoriamente, un exame a través de OLS para ver cal é o teu nivel. O resultado do exame non ten importancia, só serve para xenerar o curso.

Como é a cobertura sanitaria no estranxeiro? 2018-08-22T15:05:42+00:00

Todos os alumnos con beca Erasmus+ deben levar a tarxeta sanitaria europea. Esta tarxeta permite que, no caso de que teñasr algún problema médico, podas acceder ao mesmo tipo de asistencia sanitaria en hospitais e ambulatorios públicos que calquera dos habitantes dese país.

En caso de non dispoñer dela, deberás contratar un seguro médico válido no país de destino que che cubra a atención sanitaria.

Como é a cobertura de accidentes e responsabilidade civil? 2018-08-22T15:08:00+00:00

Todos os alumnos con beca Erasmus+ deben ter, obrigatoriamente, un seguro que teña ámbalas dúas coberturas.

No caso da FCT, vas estar cuberto durante a túa xornada laboral e nos desprazamentos in itinere (casa ao traballo e do traballo a casa) polas pólizas contratadas pola Consellería de Educación.

Sen embargo, isto non é abondo pois non cubre o resto da xornada diaria. Polo tanto, vas ter que contratar outro seguro de características similares.

No caso das prácticas como recén titulada/o, a única opción que tes é a de contratar unha póliza similar á comentada no parágrafo anterior.

O coste deste seguro privado debe pagalo a/o alumna/o. O CIFP Someso axudarache na súa contratación.

Como se organiza a viaxe? 2018-08-22T15:09:59+00:00

En principio, unha vez estea confirmada a empresa de prácticas, terás vía libre para comprar os billetes de avión. O CIFP Someso axudarache nesta xestión.

Debes ter en conta que, dependendo do xeito de procura da empresa de prácticas, a confirmación da cidade ou, incluso, país de prácticas, pode tardar bastante. Isto pode encarecer os prezos.

O mesmo aplica tamén cando tes dúbidas de aprobar todos os módulos en marzo e tes que esperar á avaliación para saber se aprobas todo ou non.

Polo xeral, vas ter que adiantar o custo do billete de avión. Ten presente que, no caso de que suspendas algún módulo en marzo, perderás eses cartos.

Como se organiza o aloxamento? 2018-08-22T15:10:44+00:00

En principio, unha vez estea confirmada a empresa de prácticas, terás vía libre para organizar o aloxamento. O CIFP Someso axudarache nesta xestión.

A idea é que ti teñas a última palabra con respecto ó aloxamento.

As opcións máis comúns estes últimos anos son os pisos compartidos.

Polo xeral, as mellores opcións atópanse buscando directamente xa en destino. Isto, sen embargo, é un pouco estresante. Ás veces, os nosos socios poden axudarnos con esta cuestión.

Como se organiza o seguemento do alumnado? 2018-08-22T15:11:35+00:00

Cada 2 semanas, aproximadamente, deberás remitir ao teu titor e ao coordinador de programas internacionais o diario de prácticas da túa estadía. Neste diario debes anotar todas as tarefas que realizas na empresa. Existe un formato normalizado que che pasaremos por email para que o vaias cubrindo.

En paralelo, o medio de comunicación preferente será o email. A través dos correos iremos resolvendo as cuestións que vaian xurdindo.

Que recomendacións se deben ter en conta para a viaxe? 2018-08-22T15:13:02+00:00

Recomendámosvos que busquedes información sobre o país de acollida: costumes, lingua, cultura, gastronomía, turismo, etc. Canto máis saibas del, mais sinxelo será para ti encaixar con eles.

Debes ter en conta que o carácter e as costumes poden cambiar moito dun país a outro. Cousas que aquí non son importantes para ti, alá poden ser unha falla de respecto.

Sempre é importante comezar co bo pé.

Bótalle un ollo tamén ás recomendacións para estudiantes Erasmus que publica o Ministerio de Asuntos Exteriores e que podes atopar no apartado de documentación na sección de internacional.

Que recomendaciones se deben ter en conta con respecto aos cartos? 2018-08-22T15:13:50+00:00

Hoxe en día, existen bancos que ofrecen á xente nova a posibilidade de sacar cartos en caixeiros estranxeiros sen pagar unha comisión. No caso de que o teu  banco non o faga, infórmate ben das comisións que che van cobrar cada vez que sacas cartos.

Recomendámosche que pagues, sempre que sexa posible, con tarxeta. Así evitas ir ó caixero e levar encima moitos cartos en metálico.

Que documentación persoal teño que levar? 2018-08-22T15:14:32+00:00

Os básicos e fundamentais son o DNI e/ou pasaporte, así como a tarxeta sanitaria europea.

Ten moito coidado co DNI ou pasaporte pois, como o perdas xusto antes de coller o avión, vaste quedar en terra.

Cal é a documentación das prácticas? 2018-08-22T15:15:33+00:00

As becas Erasmus+ así como as prácticas FCT teñen asociado moito papeleo. Antes de marchar, imos organizar no CIFP Someso unha reunión onde vos imos explicar os diferentes documentos que ides ter que levar.

No caso da FCT son tres: convenio de prácticas, plan individualizado e diario de prácticas. No caso da beca Erasmus+ son tres ou catro dependendo do ciclo: contrato da beca, acordo de aprendizaxe, compromiso de calidade e certificado de empresa.

Debo ter algo en conta con respecto á documentación das prácticas? 2018-08-22T15:18:29+00:00

Todos estes documentos precisan da sinatura do/a titor/a e/ou responsable da prácticas, así como o selo da empresa. Dado que estes documentos son a base da FCT e da beca Erasmus+, é fundamental que poñas especial atención en que todo está ben cuberto, asinado e selado.

Un fallo recurrente son as datas de sinatura ou documentos sen asinar. Fixádevos moito niso pois pode supoñer unha penalización na vosa beca.

Que teño que facer coa documentación ao rematar as prácticas? 2018-08-22T15:20:32+00:00

Todos os documentos deben ser entregados a túa titora ou titor do ciclo ou ó coordinador de programas internacionais do CIFP Someso cando voltes a España. Todos eles deben estar asinados e selados por todas as partes: alumna/o, empresa e CIFP Someso.

Teño que facer algún trámite unha vez remate as miñas prácticas? 2018-08-22T16:37:05+00:00

Unha vez remates, vas ter que facer unha enquisa Erasmus+ e un exame de nivel de idioma a través da plataforma OLS. Ámbalas dúas son obrigatorias e teñen un prazo limitado para facelo.

É moi importante que as fagas en tempo e que, non caso de que non recibas os correos de invitación, nos avises para solucionar o problema. Ten en conta que son requisitos obrigatorios establecidos pola axencia nacional española, SEPIE. Se non as fas, vas ter que devolver a túa beca Erasmus+.

A enquisa Erasmus+ é unha serie de preguntas nas que che van preguntar sobre todos os aspectos da túa mobilidade.

O exame de nivel de lingua non é máis que unha proba para ver se melloraches ou non logo de estar no estranxeiro facendo as prácticas. O resultado final non importa.

Teño que facer algún traballo sobre as miñas prácticas? 2018-08-22T16:39:21+00:00

A todos os que facedes unhas prácticas Erasmus+ pídesevos un traballo (presentación ppt, artigo, vídeo, etc.) no que presentedes a vosa experiencia no estranxeiro aos vosos compañeiros. Este traballo será usado polo CIFP Someso para explicar a futuros becarios Erasmus+ en que consiste unha experiencia como a vosa.

Este traballo é obrigatorio e, no caso de non facelo, compromete o pago do prazo final das becas Erasmus+.

Que ocorre se cambio de idea con respecto a facer as prácticas no estranxeiro cando xa teño a praza? 2018-08-22T16:42:38+00:00

Cando se publiquen as listaxes de seleccionados, váiseche conceder un periodo de reflexión, una semana aproximadamente, para que tomes unha decisión definitiva, é dicir, aceptar ou renunciar á praza.

Se decides renunciar á praza fóra dese periodo sen que haxa unha razón de forza maior, non poderás escoller empresa de prácticas en Galicia. A empresa serache asignada directamente polo CIFP Someso.

Que pasa se decido volver a España unha vez que xa comecei a estadía? 2018-08-22T16:43:39+00:00

Debes ter en conta que, salvo no caso de forza maior, a interrupción inxustificada das prácticas implica a devolución íntegra da beca Erasmus+ sen que se podan xustificar os gastos realizados ata ese día.

Que se considera causa de forza maior? 2018-08-22T16:45:29+00:00

Exemplos de causas de forza maior son situacións persoais graves que imposibilitan as túas prácticas no estranxeiro como, por exemplo, accidentes teus que supoñan fracturas de ósos, situacións familiares graves como pode ser a morte dalgún familiar de 1º grao, etc.

Debes ter en conta que a última palabra nisto tena a axencia nacional española, SEPIE. Eles, antes de conceder a causa de forza maior, pediranche unha serie de xustificantes sobre a túa situación e logo valorarana.

Ten en conta que non é doado que o concedan salvo en casos moi claros.

Pódese cambiar de empresa de prácticas no estranxeiro en caso de que non estea contento na empresa na que estou traballando? 2018-08-22T16:46:20+00:00

En xeral, isto non é posible.

Que recomendacións debo ter en conta con respecto ás prácticas en empresa? 2018-08-22T16:47:37+00:00

O primeiro que che recomendamos é ter paciencia.

Debes ter en conta que acabas de chegar a un sitio onde ninguén che coñece e que, a pesar de ter case rematado un ciclo, en xeral, ninguén che vai poñer a traballar ó 100% ata que non teña un mínimo de confianza en ti e nas túas habilidades. No caso de traballos nos que se traballa directamente sobre persoas, isto é todavía máis claro.

Non todas as empresas funcionan do mesmo xeito. Algunhas tardan máis en darche a alternativa pero non debes esquecer que estás nun entorno real de traballo e que tes a posibilidade de aprender por observación.

É moi importante a túa disposición e actitude no traballo. Recomendámosche que esteas moi pendente de todo e que te ofrezas a axudar aos teus compañeiros. Estes detalles son sempre ben recibidos.

Por último, tómate en serio o idioma. Canto antes sexas capaz de falar unhas palabras e comunicarte un pouquiño, antes mellorarás o teu status na empresa.

Que opcións hai dentro dos proxectos de colaboración en Erasmus+? 2018-08-22T16:52:25+00:00

Grosso modo, dentro dos proxectos colaborativos de Erasmus+ que mellor poden encaixar no CIFP Someso, existen 2 opcións claras: proxectos de asociacións estratéxicas de boas prácticas e/ou de proxectos de innovación e os proxectos Etwinning.

Que supón un proxecto KA2? 2018-08-22T16:53:34+00:00

Un proxecto KA2 supón un traballo continuado ó longo de, polo menos, 2 anos onde haberá que levar a cabo tarefas e actividades plantexadas na solicitude do proxecto, así como o labor administrativo e xestión económica do mesmo.

Existen 2 roles diversos: coordinador ou colaborador. O coordinador ten a responsabilidade final sobre o todo o proxecto, tamén a económica. No caso de non executarse as tarefas ou actividades de xeito satisfactorio, isto pode supoñer reducións nas asignacións económicas ao proxecto e, por ende, a todas as entidades socias.

Dependendo do enfoque do proxecto, este pode estar xestionado e executado, por exemplo, só por profesorado, ou ben, por profesorado e alumnado.

Asimesmo, durante a duración do proxecto, pode haber mobilidades de traballo ás institucións socias.

Como se plantexa un proxecto KA2? 2018-08-22T16:54:27+00:00

Este tipo de proxectos son os máis interesantes pois teñen asociada unha financiación para levar a cabo as actividades previstas no proxecto. Sen embargo, son proxectos esixentes durante seu desenvolvemento pois esixen dun grupo de traballo implicado ó longo do ciclo de vida do proxecto.

As ideas son dúas: coller exemplos de boas prácticas dalgún dos socios e logo implementalos na realidade cotiá do resto dos colaboradores implicados, ou ben, desenvolver un produto de carácter innovador no que participen cada un dos membros do proxecto desenvolvendo unhas actividades dadas.

Nestes proxectos debe haber un mínimo de socios pertencentes a algún dos países membros da UE ou que están habilitados a participar no programa.

Estes proxectos son difíciles de conseguir pois hai moita competencia e só as solicitudes ben fundadas consiguen fondos.

O proceso para a realizar unha solictude neste senso comeza pola procura dunha idea que encaixe nos obxectivos do programa Erasmus+ para asociacións estratéxicas, para logo formar un grupo de traballo, buscar socios internacionais e solicitar o visto bo da dirección do centro.

A coordinación de programas internacionais dará soporte a todas as tarefas asociadas.

Que supón un proxecto Etwinning? 2018-08-22T16:55:12+00:00

Un proxecto Etwinning é moito máis sinxelo que un KA2 pois o nivel de esixencia e completamente diferente. Basicamente, podemos dicir que este proxectos sirve para que 2 centros educativos traballen online sobre un tema escollido de mutuo acordo e desenvolvan unha serie de actividades lectivas previamente pactadas.

Grosso modo, pódese dicir que este tipo de proxectos só precisa dun socio estranxeiro. Os medios para desenvolvelo son tamén mínimos pois un só profesor cun grupo de alumnos con acceso a medios informáticos pode xestionar un proxecto deste tipo.

Non hai acceso a unha dotación presupostaria para levalo a cabo. O portal Etwinning facilita un espacio virtual de intercambio de experiencias entre os socios que vai ser o centro da actividade destes proxectos.

Un proxecto Etwinning pode ter múltiples enfoques pero, o máis típico, é o de traballar con alumnos baixo a coordinación dun profesor para así mellorar as súas competencias lingüísticas.

Estes proxectos poden ser de moita utilidade para animar ó alumnado a participar en mobilidades Erasmus+ así como para mellorar a súa confianza no manexo dunha lingua estranxeira.

Como se plantexa un proxecto Etwinning? 2018-08-22T16:55:50+00:00

Un proxecto Etwinning parte, polo xeral, da iniciativa dun docente ou docentes que queren colaborar con centros educativos estranxeiros e que conta con alumnado disposto a colaborar. Outra opción sería a creación dun grupo de traballo Iso si, outra opción é formar un grupo de traballo formado exclusivamente de profesores.

A continuación hai que escoller un tema de traballo e buscar un socio no estranxeiro. En colaboración con el, madurarase a idea e definiranse as actividades a desenvolver. Posteriormente hai que que solicitar o proxecto e, unha vez é concedido, pode comezarse a traballar.

A vantaxe destes proxectos é que sempre se conceden independemente do volume de traballo que supoñan, é dicir, pódese plantexar algo moi sinxelo como toma de contacto e logo, se a cousa vai ben, profundizar.

Tampouco se precisa dun nivel experto en manexo de idiomas para levalo a cabo e os resultados dos proxectos feitos no CIFP Someso foron espléndidos.

Se estás interesado, a coordinación de programas internacionais pode axudarche con todas as tarefas asociadas.

Dinámica a seguir 2018-08-22T16:56:57+00:00

En xeral, a dinámica a seguir no caso das becas Erasmus + para profesorado é moi semellantes ás de alumnado. As diferencias máis salientables radican no importe da beca e na organización da mobilidade.

Neste caso, os participantes das mobilidades son adultos que poden implicarse activamente na xestión da súa mobilidade. Con todo, o CIFP Someso está á súa disposción para axudarlles na procura dunha opción formativa que sexa da súa interese por medio dos nosos socios.

Grosso modo, as cuestións relativas á burocracia, prazos de pago das becas, seguro e enquisas unha vez finalizada a mobilidade son semellantes. De tódolos xeitos, calquera dúbida que se teñan ó respecto, poden consultarse ao coordinador de programas internacionais a través do seu email.

Son docente do CIFP Someso e quero realizar unha mobilidade Erasmus+. Que teño que facer? 2018-08-22T16:57:37+00:00

Debes poñerte en contacto co coordinador de programas internacionais para que che explique as opcións de mobilidades existentes e as perspectivas de novas convocatorias de prazas no centro.

Cales son os requisitos para participar? 2018-08-22T16:58:22+00:00

Tes que ser membro en activo da plantilla docente do CIFP Someso no curso académico cando vai executarse a mobilidade.

Se ben dende o centro se priorizan as mobilidades do profesorado con destino denitivo, pois así os resultados da mobilidade revirten directamente no CIFP Someso, tamén están abertas estas convocatorias a profesores con destino temporal.

Cal é a duración das prácticas no estranxeiro? 2018-08-22T16:59:29+00:00

Isto vai depender da actividade a desenvolver pero, polo xeral, estamos a falar de mobilidades de 1 semana. De tódolos xeitos, o mellor é comentalo co coordinador de programas internacionais.

Cando se poden facer as prácticas no estranxeiro? 2018-08-22T17:00:18+00:00

As prácticas poden facerse en calquera momento, sempre e cando sexan compatibles coas necesidades do CIFP Someso.

O periodo da mobilidade debe acordarse coa dirección do centro a fin de obter o seu visto bo. Sempre se procura que o impacto nas clases sexa o mínimo posible.

Que teño que presentar para optar a unha beca Erasmus+? 2018-08-22T17:01:10+00:00

O primeiro paso é o envío dun correo electrónico ó enderezo de programas internacionais amosando a túa interese, se ben, tamén é posible unha comunicación verbal directa co coordinador nos prazos establecidos en cada unha das convocatorias de prazas.

Posteriormente, deberás entregar a documentación xustificativa dos teus méritos para que se proceda á súa valoración dacordo ó baremo de selección.

Cando podo solicitalas? 2018-08-22T17:02:23+00:00

Cando o CIFP Someso, a través da coordinación de programas internacionais, abra o prazo de presentación de solicitudes de mobilidades de profesorado nalgún dos proxectos Erasmus+ que xestiona.

Como se fai a selección? 2018-08-22T17:03:29+00:00

A selección faise dacordo a un baremo que atoparás no apartado de documentación na sección de internacional.

Cando se coñece o resultado? 2018-08-22T17:04:19+00:00

Non existe un prazo definido para a publicación dos resultados pero a idea é que, logo de 4 semanas despois do remate do prazo de solicitudes, se faga pública a listaxe de seleccionados.

En que países se poden facer a mobilidade? 2018-08-22T17:06:14+00:00

En calquera dos estados membros da Unión Europea así como Noruega, Liechtenstein, Islandia, Turquía, Macedonia y países de la antigua Yugoslavia.

Asimesmo, no caso de proxectos Erasmus+ con socios fóra da UE, tamén habería posibilidade de facelas en calquera país do mundo. No caso de estar interesado nesta opción, ponte en contacto co coordinador de programas internacionais para coñecer os detalles.

Cal é o importe da beca Erasmus+? 2018-08-22T17:08:00+00:00

A cantidade a percibir depende do tipo de proxecto de mobilidade considerado. No CIFP Someso, os proxectos de mobilidade xestionados ata o día de hoxe son os relativos a dentro da UE, tanto para grao medio como grao superior, e os de fóra da UE, só para grao superior.

A cuantía das becas son similares excepto nos proxectos de fóra da UE que teñen unha cuantía económica superior.

A cantidade final vai depender do ano de convocatoria á que pertence o proxecto aprobado, do tipo de proxecto de mobilidade, do país de prácticas e da duración real da estadía.

Para coñecer cantidades en detalle, ponte en contacto co coordinador de programas internacionais.

Cando se fan os pagos? 2018-08-22T17:08:44+00:00

O profesor que vaia realizar unha mobilidade Erasmus+ percibirá entre o 70-90% da súa beca antes de comezar a mobilidade. O resto da beca recibirase cando finalice a súa estadía, entregue toda a documentación e se pechen todos os trámites asociados á súa mobilidade.

Como se busca a entidade de acollida: centro educativo, empresa, curso de formación, etc.? 2018-08-22T17:09:27+00:00

No caso das mobilidades de profesorado do CIFP Someso espérase unha implicación por parte de cada un dos participantes na procura da opción de mobilidade máis interesante para eles. O coordinador de programas internacionais colaborará con eles nesta tarefa.

Unha primeira opción son os socios empregados polo CIFP Someso na organización das mobilidades dos seus alumnos, sen embargo, esta non é a única opción.

Como se resolve a preparación lingüística? 2018-08-22T17:10:10+00:00

O profesorado non ten acceso a unha preparación lingüística específica no marco das becas Erasmus+. É desexable que teña unhas competencias lingüísticas mínimas na lingua de traballo empregada durante a súa mobilidade.

A única opción para mellorar as súas competencias neste eido a través do CIFP Someso son as actividades programadas no centro coa colaboración do auxiliar de conversa, sempre e cando se podan realizar a cabo.

Como é a cobertura sanitaria no estranxeiro? 2018-08-22T17:10:52+00:00

Todos os participantes en mobilidades Erasmus+ deben levar a tarxeta sanitaria europea. Esta tarxeta permite que, no caso de que darse unha incidencia médica nun país da UE, se poda acceder ao mesmo tipo de asistencia sanitaria en hospitais e ambulatorios públicos que calquera dos habitantes dese pais.

Como é a cobertura de accidentes e responsabilidade civil? 2018-08-22T17:11:34+00:00

Todos os participantes en mobilidades Erasmus+ deben ter, obrigatoriamente, un seguro teña ámbalas dúas coberturas.

O CIFP Someso axudarache na súa contratación.

Como se organiza a viaxe? 2018-08-22T17:12:03+00:00

O profesorado participante é autónomo nesta cuestión unha vez se confirma o socio de acollida e as datas no país de destino.

Como se organiza o aloxamento? 2018-08-22T17:12:45+00:00

O profesorado participante é autónomo nesta cuestión unha vez se confirma o socio de acollida e as datas no país de destino.

Cal é a documentación das prácticas? 2018-08-22T17:13:20+00:00

As becas Erasmus+ así como as prácticas FCT teñen asociada moito papeleo. Antes de marchar, vaise organizar no CIFP Someso unha reunión con cada un dos participantes onde se explican os diferentes documentos que hai que levar.

Estes son, basicamente, tres: contrato da beca, acordo de aprendizaxe e certificado de empresa.

Debo ter algo en conta con respecto á documentación das prácticas? 2018-08-22T17:14:38+00:00

Todos estes documentos precisan da sinatura do titor e/ou responsable da institución de acollida así como o seu selo. Dado que estes documentos son a base da beca Erasmus+, é fundamental que se poña especial atención en que todo está ben cuberto, asinado e selado.

Que teño que facer coa documentación ao rematar as prácticas? 2018-08-22T17:18:08+00:00

Todos os documentos deben ser entregados ao coordinador de programas internacionais do CIFP Someso cando se volte a España.

Teño que facer algún trámite unha vez remate as miñas prácticas? 2018-08-22T17:19:18+00:00

Unha vez de volta, é obrigatorio a cumprimentación dunha enquisa Erasmus + con preguntas sobre todos os aspectos relacionados coa mobilidade. Esta enquisa ten un prazo limitado de tempo para ser realizada.

É moi importante que se cumprimente en tempo e que, non caso de non se reciba o correo de invitación, se informe o antes posible ó coordinador de programas internacionais.

A obrigatoriedade de realización desta enquisa foi establecida pola axencia nacional española, SEPIE. De non cumprirse, pode supoñer da devolución da beca Erasmus+.

Teño que facer algún traballo sobre as miñas prácticas? 2018-08-22T17:20:06+00:00

A todos os participantes nas mobilidades Erasmus+ pídesevos unha contribución ao blog de programas internacionais para difundir a vosa experiencia entre a comunidade educativa.

É interesante que se documente gráficamente a mobilidade para así facer máis ilustrativa esta contribución.

Localización e contacto

15024513
Someso 6, 15008, A Coruña, Galicia, España

Phone: 881 880 001

Web: cifpsomeso.edu.es

Relación con empresas

re@cifpsomeso.edu.es

Programas internacionais

international@cifpsomeso.edu.es

Acreditación e probas

acreditacionsomeso@gmail.com

Buzón de suxestións

Mandar suxestión