O próximo martes 27 de novembro ás 12:00 horas celebrarase no CIFP Someso unha xornada técnica sobre os equipos topográficos TOPCON co seguinte programa:
12:00 – Presentación da Xornada e agradecementos.
12:10 – Presentación dos equipos TOPCON, que están actualmente funcionando.
12:25 – Presentación da ET LN100
12:40 – Presentación do GLS-2000.
13:00 – Demostración dos equipos. Primeiro a ET LN100 e logo o GLS2000.
13:30 – Descarga e tratamento dos datos obtidos en campo.
Poñentes: Arturo Juiz, Olaya Cachero e Raúl García