Alumnado2023-11-29T09:33:41+01:00

Nesta sección atoparás toda a información que pensamos que pode ter interese para o noso alumnado relacionado cos seguintes temas, calendario escolar, horario, documentos  con información do funcionamento de Centro, como o NOF (Normas de Organización e Funcionamento do Centro), a guía do alumnado, e a guía de delegados, as seccións bilingües que temos en funcionamento, cómo tes que facer para acceder a nosa aula virtual, e outros aspectos que poden ser de interese e que atoparás no menú principal.

CALENDARIO ESCOLAR

O comezo das clases durante o curso 2023-2024 será o 11 de setembro, e remataremos o 21 de xuño de 2024.

Os días NON LECTIVOS  propios do centro serán o 13 de outubro e 16 de maio.

CALENDARIO ESCOLAR 2023_2024 (provisional)
Lexislación sobre calendario escolar

HORARIOS

Para evitar as aglomeracións nas portas e corredores ao inicio da xornada e nos períodos de descanso, a actividade educativa, en horario de mañá, estrutúrase en dous horarios distintos, mantendo o da tarde nun único horario.

MAÑÁ

para todos os grupos de DE GRAO MEDIO E SUPERIOR de todas as familias profesionais do Centro.

Primeira hora Segunda hora Terceira hora RECREO Quinta hora Sexta hora Sétima hora
08:30-09:30 09:30-10:30 10:30-11:30 RECREO 12:00-13:00 13:00-14:00 14:00-15:00

MAÑÁ

para todos os grupos de GRAO BÁSICO de todas as familias profesionais do Centro.

Primeira hora Segunda hora RECREO Cuarta hora Quinta hora RECREO Sétima hora Oitava hora
08:30-09:30 09:30-10:30 RECREO 10:45-11:45 11:45-12:45 RECREO 13:00-14:00 14:00-15:00

TARDE

Primeira hora Segunda hora Terceira hora RECREO Quinta hora Sexta hora Sétima hora
16:00-17:00 17:00-18:00 18:00-19:00 RECREO 19:15-20:15 20:15-21:15 21:15-22:15

PLANO

DOCUMENTOS DO CENTRO

Se es alumno do noso Centro, esta información é para ti. Agardamos que a leas para poder entendernos e para que nos coñezas mellor. Tamén che contamos o que tes que facer para poder acceder aos materiais online se vas traballar nalgún módulo na aula virtual.

Esperamos que a túa estancia no Centro sexa agradable, ogallá que inesquecible. Desexamos que nos lembres con agarimo ao longo da túa vida, estamos aquí para conseguir o mellor de ti.

CICLOS PLURILINGÜES E SECCIÓNS BILINGÜES

Ciclo Superior Programación da Produción en Fabricación Mecánica

CICLO SUPERIOR PLURILINGÜE con inglés

1º CURSO

MP0007 – Interpretación gráfica
Don Fernando Román Freire


2º CURSO

Programación da produción

Empresa e iniciativa emprendedora

Ciclo Superior de Estilismo e Dirección de peiteado

Seccións Bilingües en Inglés

1º CURSO

MP0750 – Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal
Dona Nuria Tarrío Yáñez


2º CURSO

MP1070 – Estudo da imaxe
Dona Laura Tellado López

MP1075 – Empresa e Iniciativa Emprendedora
Dona Nuria Couceiro Herrero

Ciclo Superior de Construcións Metálicas

Seccións Bilingües en Inglés

1º CURSO

MP0246 – Deseño Construcións Metálicas
Dona Josefina Yáñez García

MP0251 – Formación e Orientación Laboral
Dona María Sanz Vázquez


2º CURSO

MP0247 – Definición de Procesos de Construcións Metálicas
Don José Luis Souto Otero


Ciclo Superior de Proxectos de Obra Civil

Sección Bilingüe en Inglés

1º CURSO

MP0775 – Formación e Orientación Laboral
Dona María Sanz Vázquez


INSTRUCCIÓNS AULA VIRTUAL

Aquí poderás consultar as instruccións para acceder á Aula Virtual, cómo conseguir as túas credenciais e qué facer no caso de que as esquezas.

OLLO, este espazo NON é para a ensinanza de “Semipresencial ou online”, estes ciclos atópanse na plataforma de “FP a Distancia

Ver Instruccións
App Moodle mobile

BIBLIOTECA

A biblioteca é un lugar de estudio, lectura e traballo onde se deberán manter as normas de comportamento axeitadas. O mobiliario non se pode mover, débese respectar a distribución establecida. Recorda empregar as papeleiras e cumprir as normas de limpeza axeitadas.

Neste espazo tes ordenadores que podes usar para facer os teus traballos, teñen instalados moitos dos programas que se empregan nas clases. Se detectas que tes algunha necesidade de traballar con un programa que non está instalado coméntallo ao xefe de estudos que fará todo o posible por poñer a túa disposición as ferramentas que precisas.

CARMEN GINÉS MAYOR
COORDINADORA DA BIBLIOTECA

Web da Biblioteca

Ir á web

Consulta o noso catálogo

Consultar

Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Acceder

Anuarios

Anuario 2023
Anuario 2018
Anuario 2017
Anuario 2016
Anuario 2014
Anuario 2013
Anuario 2012

SKILLS

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte organiza e promove competicións de destrezas (skills) da Formación Profesional, estimulando a estudantes, profesorado e empresas.

Se estás interesado en participar e non tes mais de 22 anos no ano da competición fala co teu titor/a para valorar a túa participación.

Galiciaskills

Ir

Spainskills

Ir

Someso Skills 2016

Ir

Someso SpainSkills 2017

Ir

SERVIZOS

ORIENTACIÓN PROFESIONAL

O departamento de información e orientación profesional ten os seguintes ámbitos de intervención:

  • Orientación académica sobre os itinerarios formativos, deseñando unha programación secuenciada e adaptada ás necesidades dos tramos de idade correspondentes a cada etapa educativa ou de formación.
  • Información e/ou asesoramento: tanto á comunidade educativa como ao público en xeral.
  • Inserción laboral e bolsa de emprego en coordinación co responsable da FCT.
  • Acreditación de competencias profesionais: asesoramento e apoio técnico.
  • Atención á diversidade. Concretado no Plan Xeral de Atención á Diversidade.
  • Coordinacións con organismos e entidades para a prestación de servizos de orientación profesional.
  • Emprendemento: fomentando a cultura emprendedora a través de diferentes actividades.
  • Formación de profesionais da orientación profesional: promovendo a actualización constante dos membros do departamento.

CONTACTO

A responsable do Departamento de información e orientación profesional é Vanessa Naya Lorenzo se precisas contactar con ela podes facelo a través do teléfono de contacto ou na seguinte dirección de correo electrónico.

0034 881 880 004

orientacion.cifp.someso@edu.xunta.es

Orientación Académica e Profesional do CIFP Someso

BLOG
INFORMACIÓN

Novas de orientación para alumnado

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Desde o departamento de relación  con empresas levamos a cabo unha dobre función, por unha banda coordinamos a parte administrativa do módulo de prácticas nas empresas e por outra xestionamos a bolsa de emprego do CIFP Someso que permite poñer en contacto ás empresas co alumnado que cursaron Formación Profesional no noso centro educativo.

O antigo alumnado poderá inscribirse na bolsa de emprego subindo o seu currículo no formulario correspondente. Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización de prácticas pode poñerse en contacto connosco e solicitar alumnado en prácticas. As empresas que necesiten persoal poden comunicarnos as súas ofertas de emprego a través dos datos de contacto.

ORDE QUE REGULA A FCT
PÓLIZA SEGURO FCT 2023-2025
FOLLA ACTIVIDADES FCT
EXENCIÓN FCT

CONTACTO

O responsable do Departamento de relación coas empresas é Tomás Nogueira Castelo se precisas contactar con el podes facelo a través do teléfono de contacto do Centro ou no seguinte enderezo de correo electrónico.

0034 881 880 001

re@cifpsomeso.edu.es

Novas de FCT para alumnado

OFERTAS DE EMPREGO

Edificación e Obra Civil

Ver Ofertas

Fabricación Mecánica

Ver Ofertas

Imaxe
Persoal

Ver Ofertas

Madeira, Moble e Cortiza

Ver Ofertas

Transp. e Mant. de Vehículos

Ver Ofertas

CURRICULUM

O obxectivo deste formulario de currículum vitae é que o CIFP SOMESO teña unha base de datos do noso alumnado que sirvan ao Centro para poñer en contacto ás diferentes empresas que así nolo solicitan co alumnado interesado.

Só se admitirán currículos feitos seguindo o modelo europeo.

Na seguinte ligazón podes descargar o documento base para preparar o teu currículo e subilo á nosa base de datos:

DESCARGAR

CIFP Someso

Enderezo: Someso 6, 15008 A Coruña

Teléfono: 881 880 001

 

CORREOS ELECTRÓNICOS: cifp.someso@edu.xunta.gal

Dirección: direccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Secretaría:

secretaria.cifp.someso@edu.xunta.gal

Xefatura de estudos:

xefatura.estudos.cifp.someso@edu.xunta.gal

Vicedirección:

vicedireccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

HORARIOS

Horarios do centro:

De 8,15 a 22,15 h

Horario lectivo:

De 8,30 a 22,15 h

 

Go to Top