Project Description
PRESENTACIÓN
O Departamento de Edificación e Obra Civil forma parte do CIFP Someso desde 2004 co traslado desde o IES Fernando Wirtz no que, como Departamento de Delineación, levaba un longo percorrido. A partires de 2000 desenvólvense unha serie de actividades encamiñadas a introducir na formación específica dos alumnos temas que nese momento non tiñan reflexo significativo no curriculum: Bioconstrución e Enerxías Renovables.
As modestas actividades iniciais desenvolvidas no IES Fernando Wirtz permiten coller experiencia e co cambio ó que entón era o IES Someso esta iniciativa, pouco a pouco, vai adquirindo carácter. En 2007 adoptase a denominación “Bioconstrución Someso” como un xeito de identificación de un traballo cada vez máis recoñecido e valorado. Bioconstrución Someso ten unha vocación integradora e pretende facer extensivo ó conxunto do centro os conceptos fundamentales da bioconstrución cunha expresión sinxela:
“De casas sas e ecolóxicas a cousas sas e ecolóxicas”
A incorporación desta reflexión permite levar os parámetros de identidade da bioconstrución (saúde e ecoloxía) a calquera especialidade profesional e as actividades desenvolvidas no conxunto do centro, de xeito que TODOS PODEMOS FACER BIOCONSTRUCIÓN, cada un no seu ámbito…
Ler máis…JUAN BELLO LLORENTE
RESPONSABLE DA ÁREA DE BIOCONSTRUCIÓN
+34 881 880 001
juanbello@edu.xunta.gal