O NOSO TRABALLO

Gústanos o que facemos!

Ensinamos e aprendemos. Innovamos, emprendemos colaboramos, escoitamos e pensamos. Programamos, debuxamos, montamos e desmontamos, soldamos, mecanizamos, maquillamos, peiteamos, bioconstruímos, desenvolvemos proxectos. Facemos teatro, recollemos setas, xogamos ao fútbol, e ás veces cociñamos en fornos solares. E tamén falamos, falamos moito, en galego, en castelán, en inglés e en italiano. Viaxamos e coñecemos o mundo e o mundo coñécenos a nós. Compartimos o tempo do café con Javi e Loli. Celebramos.

O noso fin es ti.

SAÚDO DO DIRECTOR

VÍCTOR MANUEL VARELA MARIÑO

No nome da comunidade educativa do Centro Integrado de Formación Profesional Someso, douvos a benvida ao noso sitio Web; desexo que vos resulte de interese e utilidade.

Estás accedendo a un sitio web no que vas a atopar toda a información que precises da ampla oferta educativa dun centro que ven formando profesionais de diversos ámbitos desde o ano 1960, data da súa inauguración como Centro de Formación Profesional Acelerada nº5.

De Centro de Formación Profesional Acelerada pasou a Instituto de Formación Profesional, máis tarde transformouse nun Instituto de Educación Secundaria, no que ademais de estudos de Formación Profesional, tamén se ofertaba a E.S.O e Bacharelato, ata que no ano 2004 pasou a Centro Integrado de Formación Profesional.

Ler máis

IDENTIDADE FORMATIVA

O CIFP Someso é un Centro Integrado de Formación Profesional público, cunha traxectoria de máis de 50 anos formando profesionais cualificados para traballar nun entorno laboral en continua evolución.

  • Formación alumnado-empresa – orientado aos diferentes sectores produtivos e promovendo o emprendemento.

  • Diferentes itinerarios formativos – Presencial, modular, a distancia ou dual.

  • Seccións bilingües – docencia de algúns módulos en diversas linguas europeas.

A formación orientada aos diferentes sectores produtivos é posible grazas a formación continua e relación con empresas do noso equipo docente que redunda na mellora do proceso ensino-aprendizaxe dos nosos estudantes.

OS NOSOS VALORES

Formar profesionais, para contribuír ao desenvolvemento empresarial dos sectores relacionados coa nosa oferta educativa, con competencias axeitadas ás necesidades das empresas, capaces de trasladar aos seus postos de traballo a cultura da calidade, e a excelencia do traballo ben feito.

Fixamos as prioridades deste centro no entorno social e laboral, proporcionando unha ensinanza baseada en valores e orientada ao desenvolvemento integral dos alumnos que formamos en competencias profesionais e humanas, cunha alta cualificación profesional.
Ser un centro de referencia nas familias profesionais que aquí se imparten, “Edificación e Obra Civil”, “Fabricación Mecánica”, “Imaxe Persoal”, “Madeira, Moble e Cortiza” e “Transporte e Mantemento de Vehículos”, para o mundo empresarial e o educativo.

Intensificar a relación con empresas, ver as súas necesidades reais, e intercambiar experiencias que propicien o enriquecemento mutuo, e a transferencia tecnolóxica.
Orientar ao alumnado na súa formación, saídas laborais e académicas, fomentar a creatividade, o espírito crítico e a autonomía persoal cunha actitude positiva cara o esforzo e o traballo en equipo.
Favorecer a inserción laboral do alumnado do Centro, promover accións coas asociacións empresarias, universidades e outras entidades.

  • Consolidar o sistema de avaliación e acreditación de competencias profesionais, dándolles aos traballadores a oportunidade de ter un recoñecemento académico da súa experiencia laboral.
  • Manter actualizada unha bolsa de traballo a disposición de todo o alumnado.
  • Fomentar o espírito emprendedor participando nos distintos programas desta natureza.
  • Favorecer o coñecemento e a utilización da lingua galega, apoiando ao equipo de dinamización lingüística.
  • Promover o coñecemento das linguas estranxeiras, dando prioridade ao inglés ou outras linguas de países de acollida no caso de mobilidade de estudantes para a realización de prácticas.
  • Fomentar o espírito crítico e a responsabilidade do alumnado cara o mundo laboral. Coñecer os dereitos e garantías dos traballadores, así como as súas canles de representación, e relacións laborais.
  • Incidir sobre a importancia da saúde laboral e prevención de riscos laborais.
  • Promover a formación e actualización do profesorado como parte do proceso de mellora continua.

Somos un centro certificado en calidade pola empresa AENOR segundo a norma ISO 9001-2015  polo que temos que ter presente, no facer cotiá de cada un dos membros da comunidade educativa, a búsquea da excelencia educativa e a aspiración do crecemento cultural e profesional do alumnado.

A Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia, ten unha implicación e un compromiso claro coa calidade, como se retrata na nosa Misión, Visión e Valores.

Documento completo da POLÍTICA DE CALIDADE AQUÍ.

EQUIPO DIRECTIVO

Víctor Manuel Varela Mariño

Director

direccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Representante oficial da administración. Responsable da dirección e coordinación para lograr a excelencia e a calidade do CIFP Someso, a través dos órganos de goberno que constitúen o equipo directivo e docente.

Marta Iglesias López

Vicedirectora

vicedireccion.cifp.someso@edu.xunta.gal

Responsable da Área de Calidade, Innovación e Orientación Profesional, con responsabilidade na xestión da calidade, na innovación educativa e tecnolóxica, na formación do profesorado, nos programas internacionais, na relación coas empresas, entidades, asociacións e outras institucións, na información e orientación profesional e na organización e na xestión dos procedementos de acreditación e probas.

Luis Antonio Garea Rodríguez

Xefe de estudos

xefatura.estudos.cifp.someso@edu.xunta.gal

Responsable da Área de formación, con responsabilidade na organización e na xestión das actividades formativas e do persoal docente do centro.

Luis Gesto Lois

Secretario

secretaria.cifp.someso@edu.xunta.gal

Responsable da Área de Administración Xestión con responsabilidade na administración e na xestión económica, administrativa, de material, de prevención de riscos laborais e de persoal non docente do centro.

ORGANIGRAMA

ÁREAS

Os centros integrados de formación profesional teñen unha estructura interna distribuída en tres áreas funcionais, para afrontar os fins e as funcións que lle son propias: mellorar as relacións coa comunidade e co ámbito produtivo e fomentar as relacións e o intercambio de experiencias entre os centros integrados.

Tamén dentro das áreas funcionais están os órganos de coordinación, departamentos que completan o organigrama funcional do Centro.

  • Na área de calidade, innovación e orientación profesional, o departamento de información e orientación profesional, o de calidade e innovación, o de relación con empresas e o de acreditación e probas.
  • Na área de formación, os departamentos de familias profesionais, o de formación e orientación laboral, o equipo de dinamización da lingua galega, a coordinación da biblioteca e o departamento de dinamización de idiomas.
  • Na área de administración e xestión, a comisión de seguridade e saúde laboral.

DEPARTAMENTOS E COORDINACIÓNS

Esta familia profesional abrangue as actividades da construción de edificios, obras civís e urbanismo.

A través dos ciclos superiores podes exercer profesións que participan na elaboración, coordinación e desenvolvemento do proxecto.

A formación básicas e ciclos medios, inclúe as profesións que realizan as operacións encamiñadas a materialización da obra (estrutura, albanelería e acabados).

Ver Departamento

Esta familia profesional prepárate para entrar no sector da industria metalúrxica, naval e industrial. Engloba tres grandes actividades produtivas, a fabricación de bens de equipo e máquina ferramenta, a fundición e as construcións metálicas (construción naval, material de transporte, estruturas…).

Aquí poderás formarte como torneiro, fresador, operador de máquinas ferramentas, soldador, tubeiro industrial, deseñador en CAD (calderería, estruturas, produtos…) ou como programador de sistemas automatizados, entre outros.

Ver Departamento

Os ciclos formativos da familia de Imaxe Persoal enfócanse no desenvolvemento de habilidades técnicas, teóricas e prácticas para traballar no sector do peiteado e do seu estilismo, da estética, a moda e/ou o coidado persoal. Estes ciclos están deseñados para preparar ó estudantado para desempeñar unha ampla gama de traballos relacionados coa imaxe e a beleza, tanto no ámbito persoal como profesional.

Estudar ciclos formativos de imaxe persoal permíteche acceder a un sector con moitas oportunidades, cunha gran demanda de profesionais cualificados, especialmente se che apaixona a beleza, a moda, o mundo artístico e o benestar das persoas.

Ver Departamento

Os estudos impartidos dentro desta familia profesional permitirán que te prepares para traballar no sector da madeira e o moble. Segundo o ciclo elixido, poderás acceder a formación en deseño, planificación, fabricación e instalación de mobiliario e elementos de carpintaría; e estarás capacitado para desempeñar postos de traballo tanto na oficina técnica coma no taller ou na obra.

Ver Departamento

A continua evolución da tecnoloxía aplicada ao automóbil así coma aos procesos e organización dos talleres de reparación, obriga a que os profesionais deste sector deban estar tecnicamente altamente cualificados e preparados para adaptarse a continuos cambios.

A formación do profesorado, o permanente contacto con empresas e talleres, así coma a actualización dos nosos equipos técnicos e medios didácticos, permítenos asegurar unha formación baseada nas últimas tecnoloxías e preparar aos nosos alumnos para o futuro.

Ver Departamento

As ensinanzas que se imparten neste Departamento son transversais, estando presentes en todos os ciclos formativos tanto de grado medio coma superior.

Engloba dous módulos fundamentais, Formación e Orientación Laboral e Empresa e Iniciativa Emprendedora.

O primeiro deles contén a formación necesaria para desenvolver a carreira profesional, con pleno coñecemento dos dereitos e obrigas laborais. O segundo, contén a formación para desenvolver a propia iniciativa empresarial.

INMACULADA MARÍA FERNÁNDEZ  TEIJEIRO
XEFA DO DEPARTAMENTO
DE FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

0034 881 880 001
fol.cifp.someso@edu.xunta.gal

No Departamento de relación con empresas realízase a xestión administrativa das prácticas en empresa, a provisión dos centros de traballo, as distintas exencións, as renuncias, os accidentes, as axudas económicas e a bolsa de emprego.

A información que sexa de utilidade, e que se precise ao longo do curso, relacionada con esta área podédela atopar na web no apartado correspondente de “Alumnado” ou “Profesorado” segundo o caso.

FCT PROFESORADO

.

FCT ALUMNADO

.

RELACIÓN CON EMPRESAS

ADRIANA DOMÍNGUEZ PÉREZ
XEFA DO DEPARTAMENTO
DE DINAMIZACIÓN DE IDIOMAS

0034 881 880 001
cifp.someso@edu.xunta.gal

O departamento de Calidade e Innovación deseña e implanta procedementos do plan de xestión de calidade e mellora continua garantindo o seu desenvolvemento e mantemento no funcionamiento do centro integrado. Deste departamento dependen as coordinacións de innovación e formación, TIC e programas internacionais. Os xefes de departamento do noso Centro integrado están integrados neste de Calidade e innovación.

O CIFP Someso participa en distintos programas internacionais que perseguen o fomento de accións de mobilidade e cooperación entre institucións educativas de diversa índole e empresas, co fin, entre outros, de mellorar as aptitudes e competencias profesionais de todos os participantes implicados e contribuír activamente á creación dun sentimento de cidadanía europea.

CALIDADE

Departamento competente en avaliar e recoñecer as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación co fin de acadar unha certificación oficial.

Ver Departamento

Este departamento está constituído pola orientadora do Centro, xefa desta unidade, e un profesor de cada unha das familias profesionais que temos.

Se precisas información sobre ofertas de formación, mercado laboral, acreditación de competencias ou itinerarios formativos e profesionais, entre outros, poderás atopar á orientadora no despacho 016.

ORIENTACIÓN ALUMNADO

Departamento para o emprego do idioma galego como medio vehicular na Formación Profesional cara un futuro laboral e nas tarefas pedagóxicas e lúdicas, facendo do idioma galego un medio tamén para a integración social.

Ver Equipo

Os proxectos internacionais desenvolvidos no CIFP Someso enmárcanse dentro dos denominados programas educativos europeos, promovidos e subvencionados pola Unión Europea. Se queres saber máis :

INTERNACIONAL

Dentro das funcións da coordinación TIC entran aspectos relacionados coa coordinación e actualización da páxina web do centro e da aula virtual. Establecer canles para a difusión e intercambio de experiencias, proxectos e información. Velar polo mantemento das instalacións e equipos informáticos. E apoiar ó profesorado na integración das TIC nos programas formativos.

TIC profesorado
TIC alumnado

Como CIFP debemos dar unha resposta rápida e flexible ás demandas de formación do profesorado. A formación permanente das persoas encargadas da formación é un dereito e un deber, así como unha responsabilidade das institucións educativas. Entre as funcións desta área do Departamento de Calidade están: Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como a proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas.  E a realización do seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.

INNOVACIÓN E FORMACIÓN

As accións de emprendemento tomadas no CIFP Someso van dirixidas preferentemente a alumnado que cursa o seu segundo curso do ciclo formativo, así como as persoas que xa remataron os seus estudos no centro, queres saber máis?:

EMPRENDEMENTO

ANA RIVERA FREIRE
RESPONSABLE DE CONVIVENCIA

0034 881 880 001

PUNTO LARANXA

LOCALIZACIÓN

Contacto

CERTIFICADO DE CALIDADE

O noso Centro está certificado en calidade pola empresa AENOR segundo a norma ISO 9001-2015, amparado polo Certificado ER-0412/2014 cuxo titular é XUNTA DE GALICIA REDE DE CENTROS INTEGRADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.
Para a impartición de formación profesional inicial (no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas) de grao medio e de grao superior nas familias profesionais de edificación e obra civil, fabricación mecánica, transporte e mantemento de vehículos, imaxe persoal e maderia, moble e cortiza.
E para a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

POLÍTICA DE CALIDADE

HISTORIA

1960

O CIFP Someso, foi inaugurado o 29 de agosto de 1960 como Centro de Formación Profesional Acelerada n°5.

A formación que se impartía na Acelerada, nome polo que se coñecía o centro, era naqueles anos moi innovadora. Era unha ensinanza baseada na FPA francesa, de tipo intensivo, cunha duración media de 6 meses, que supoñía 1000 horas por curso. O centro tivo nesta época un gran prestixio como institución docente, onde se formaron 11.530 profesionais dos distintos oficios. O alumnado do centro incorporábase ao mundo laboral como traballadores cualificados, acadando en pouco tempo postos de responsabilidade nas empresas.

Cumpre destacar como obras significativas desta época: a fonte de Catro Camiños, réplica da que se atopa na entrada do instituto; o reloxo luminoso, situado no centro do complexo que se divisaba dende a cidade; e ata un Belén con efectos de luz, moi visitado polo Nadal. Obras, estas últimas, xa desaparecidas.

1996 – 1984

No ano 1984 toma o nome de Centro de Formación Profesional Someso. Comezan as ensinanzas da Formación Profesional regrada coas titulacións de Técnico Auxiliar e Técnico Especialista.

A partir do ano 1988 o centro pasa a depender da Xunta de Galicia. Dáselle a partir do ano 1989 un forte pulo coa remodelación de parte dos talleres, pero é en 1991 cando adquire a fisonomía actual ao se construír o aulario central do Instituto. Na mesma parcela créase a Escola de Imaxe e Son. Coa promulgación da LOGSE, cámbiase de novo o nome do centro pasando a denominarse Instituto de Formación Profesional Someso; implántanse os estudios de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato Tecnolóxico e comeza a nova formación profesional cos Ciclos Formativos de Grao Medio, e no ano 1996 os de Grao Superior.

Nos últimos anos

Pero aí non rematan os cambios. No ano 2006 créanse en Galicia os Centros Integrados de Formación Profesional, e dada a traxectoria do centro fomos incluídos, pasando a ser Centro Integrado de Formación Profesional Someso. Etapa na que nos atopamos.

A diferencia fundamental deste tipo de centro e que nel se poden impartir tódolos subsistemas de Formación Profesional. Regrada, Continua e Ocupacional. Polo que a oferta dos Centro Integrados é dinámica e acorde coas necesidades empresarias e coa cualificación dos futuros traballadores.

LIBRO 50 ANIVERSARIO
VIDEO 50 ANIVERSARIO
FOTOS DA NOSA HISTORIA

GALERÍA