Protocolos COVID
VOLTA Á ESCOLA
#Sentidiño
Novas do Centro
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
#cifpsomeso, #linguadesignos, #lenguadesignos, #LSE
O NOSO TRABALLO
Gústanos o que facemos! Ensinamos e aprendemos. Innovamos, emprendemos colaboramos, escoitamos e pensamos. Estudamos. Programamos, debuxamos, montamos e desmontamos, soldamos, mecanizamos, maquillamos, peiteamos, bioconstruímos, desenvolvemos proxectos. Facemos teatro, recollemos setas, xogamos ao fútbol, e as veces cociñamos en fornos solares. E tamén falamos, moito falamos, falamos en galego, en castelán, en inglés e en italiano. Viaxamos e coñecemos o mundo e o mundo coñécenos a nós. Compartimos o tempo do café con Javi e Loli. Celebramos. O noso fin es ti.
IDENTIDADE FORMATIVA
CIFP Someso é un Centro Integrado de Formación Profesional público, cunha traxectoria de máis de 50 anos formando profesionais cualificados para traballar nun entorno laboral en continua evolución.
Formación alumnado-empresa – orientado aos diferentes sectores produtivos e promovendo o emprendemento.
Diferentes itinerarios formativos – Presencial, modular, a distancia ou dual.
Seccións bilingües – docencia de algúns módulos en diversas linguas europeas.
A formación orientada aos diferentes sectores produtivos é posible grazas a formación continua e relación con empresas do noso equipo docente que redunda na mellora do proceso ensino-aprendizaxe dos nosos estudantes.