PRESENTACIÓN

Desde o departamento de relación  con empresas levamos a cabo unha dobre función; por unha banda coordinamos a parte administrativa do módulo de prácticas nas empresas, e por outra xestionamos a bolsa de emprego do CIFP Someso.

Este traballo permite poñer en contacto ás empresas co alumnado do no noso centro. O antigo alumnado poderá inscribirse na bolsa de emprego subindo o seu curriculum vitae no formulario correspondente.

O módulo profesional de FCT é un bloque coherente de formación profesional que se desenvolve en empresas ou institucións en situacións reais de traballo. Este módulo ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. E desenvolverase procurando aplicar as competencias profesionais adquiridas nos centros educativos, complementadas con aquelas previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.

Calquera empresa interesada en ofertar prazas para a realización de prácticas debe realizar dous trámites:

  • o primeiro é facerse empresa colaboradora cubrindo o formulario de NOVA EMPRESA; deste xeito a empresa pasará a formar parte da listaxe oficial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e
  • o segundo consiste en solicitar alumnado en prácticas.
1º Facerse EMPRESA COLABORADORA
2º SOLICITAR ALUMNADO EN PRÁCTICAS

As empresas, que precisen persoal, tamén poden comunicarnos as súas ofertas. Para tal fin deben cubrir o formulario oferta de emprego.

Facer unha OFERTA DE EMPREGO

TOMÁS NOGUEIRA CASTELO
XEFE DO DEPARTAMENTO
DE RELACIÓN CON EMPRESAS

0034 881 880 001
re@cifpsomeso.edu.es

INFORMACIÓN PARA EMPRESAS SOBRE A FCT

FINALIDADES DO MÓDULO DE FCT

  • Completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título alcanzadas no centro educativo.
  • Adquirir unha identidade e unha madureza profesional motivadoras para a aprendizaxe ao longo da vida e para as adaptacións aos cambios das necesidades de cualificación.
  • Completar coñecementos relacionados coa produción, a comercialización, a xestión económica e os sistemas de relacións sociolaboráis das empresas, co fin de facilitar a inserción laboral.Avaliar os aspectos máis relevantes da profesionalidade alcanzada polo alumnado no centro educativo e acreditar os aspectos requiridos no emprego que non poidan verificarse por exixir situacións reais de traballo.

DESENROLO DA FCT

Consiste nunha estadía na empresa por parte dos nosos alumnos, sen que sesto upoña unha vinculación laboral. Trátase de estudantes en prácticas que non teñen carácter de traballadores.

Este módulo profesional  ven regulado pola Orde de 28 de febreiro de 2007, publicada no DOGA de 8 de marzo de 2007, da que extraemos como máis salientables os seguintes requisitos:

  • A duración do período de prácticas é de 320 horas para os Ciclos básicos, de 410 horas para os Ciclos Medios e de 384 horas para os Ciclos Superiores.
  • A xornada laboral non debe exceder das 8 horas diarias nin das 40 horas semanais. Aínda que en certos sectores está permitido acordar horarios especias previa autorización por parte da Consellería de Educación.
  • A titoría do centro educativo xunto coa titoría do centro de traballo farán o seguimento do desenrolo do módulo profesional.
  • A actividade do alumnado na empresa axustarase ó Plan Individualizado  establecido pola titoría en colaboración ca empresa.
  • O alumnado non recibirá compensación económica algunha por parte da empresa pola realización da FCT.

PERIODOS REALIZACIÓN FCT

Realizase ó longo do curso en tres periodos.

  • Prazo ordinario de mediados de marzo a mediados de xuño.
  • Prazo extraordinario de mediados de setembro  a mediados de decembro.
  • Prazo extraordinario de xaneiro a  marzo.