FAMILIAS PROFESIONAIS
A Formación Profesional estrutúrase en familias profesionais, no noso centro contamos con 5 das 26 familias que existen. Aquí tes os folletos onde se especifica a información de tódalas ensinanzas impartidas en Galicia: ligazón.
Dentro das distintas familias profesionais están os ciclos formativos. Cada familia reúne aqueles ciclos formativos con suficientes características comúns, segundo a afinidade formativa e a semellanza entre os procesos tecnolóxicos empregados e os produtos ou servizos creados a nivel profesional.
CALES SON OS RÉXIMES E AS MODALIDADES NOS ESTUDOS DE FP?
As opcións que podes elixir para realizar os estudos dentro da formación profesional son diversos e seguen unhas condicións diferentes así que é moi probable que atopes unha solución que se adapte as túas necesidades. Contarémosche cada unha delas para que escollas a mellor para a túa situación.
Actualmente, a Formación Profesional pódese cursar por curso completo no réxime ordinario, na modalidade presencial –asistindo diariamente ao centro formativo– ou de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas, nas modalidades tanto presencial como a distancia.
A matrícula parcial por módulos permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.