Nesta sección atoparás toda a información que pensamos que pode ser útil para o profesorado do Centro, como o calendario escolar, ou documentos oficiais propios, de calidade ou da FCT, tamén podes atopar información de cómo proceder para crear un curso na aula virtual, ou temas formais relacionados coas validacións que sempre xeran confusións. O profesorado de nova incorporación poderá acceder a guía correspondente, que responde ao proceso de acollemento, a través dun usuario persoal que da acceso a parte privada da web. Tamén atoparedes un apartado de ligazóns que poden ser de interese e utilidade nalgún momento. E xa por último o apartado de permisos coa lexislación vixente correspondente que seguramente será de interese xeral.
CALENDARIO ESCOLAR
O comezo das clases durante o curso 2020-2021 será o 16 de setembro, e remataremos o 22 de xuño de 2021.
O día NON LECTIVO elixido é o 14 de maio.
No seguinte enlace podes ver os días festivos que teremos durante o próximo curso.
DOCUMENTOS DO CENTRO
DOCUMENTOS DO CENTRO PÚBLICOS
DOCUMENTOS DO CENTRO PRIVADOS
Se queres ter acceso aos documentos privados do CIFP Someso debes ter un usuario persoal para acceder a parte non pública da web. Este usuario debes solicitalo a xefatura de estudos.
DOCUMENTOS DE CALIDADE
O coordinador do Departamento de Calidade do CiFP Someso é José Fernando Román Freire, se tes algunha dúbida podes contactar con el no seguinte enderezo: xescal.cifp.someso@edu.xunta.es
Manuais de procesos e modelos
Aquí se pode acceder aos modelos actualizados que se precisan para facer o seguimento do noso Sistema de Xestión da Calidade segundo a UNE-EN ISO 9001:2015.
DOCUMENTOS FCT
O responsable do Departamento de relación coas empresas é Tomás Nogueira Castelo se precisas contactar con el aquí tes a súa dirección de correo electrónico, re@cifpsomeso.edu.es
DOCUMENTOS PRIVADOS FCT
Neste enlace terás acceso aos documentos da FCT para profesorado que teñen carácter privado e que terás acceso a través do usuario persoal da web. En caso de non dispoñer dun usuario privado se deberá solicitar a xefatura de estudos.
AULA VIRTUAL
O profesorado que desexe abrir un curso na aula virtual do CIFP Someso ou desexe recibir información de cómo montala ou simplemente ten curiosidade polo tema, pode enviar un correo á responsable da área, Lorena Yebra, tic@cifpsomeso.edu.es solicitando a información que precise.
O alumnado ten as instruccións de cómo matricularse nos cursos da aula virtual na web do Centro, podedes consultalas aquí.
NORMATIVA DE VALIDACIÓNS
REQUISITOS
- Estar matriculado naquelo que se quere validar ou solicitar exención.
- Solicitalo antes dunha data concreta que pode cambiar segundo o curso pero adoita ser sobre o día 5 de outubro, se estás nesta situación é mellor preguntar na secretaría do Centro a data límite. En calquera caso é moi recomendable que quen considere que ten dereito a unha validación realice a solicitude canto antes.
CUESTIÓNS IMPORTANTES
- Calquera outro tipo de validación que se pretenda solicitarase no centro, pero será resolta pola Consellería ou o Ministerio con competencia en educación.
-
Pode darse o caso de que algunha/algún alumna/o poida promocionar a segundo tras as validacións, en cuxo caso deberá manifestar esta circunstancia en secretaría para obrar en consecuencia.
-
En adultos os módulos a validar non computan para a limitación por compatibilidade ou carga horaria.
-
En matrícula simultánea non se considerarán a efectos de compatibilidade.
PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN
O profesorado de nova incorporación deberá achegarse ao Centro para incorporarse ao seu novo posto de traballo. Nesta primeira visita, dentro do compromiso do noso CIFP coa calidade, deberá recibir un documento coñecido coma “Guía do profesorado de nova incorporación”, de tal xeito que tras a súa lectura se teña información precisa sobre os aspectos xerais do funcionamento do CIFP Someso.
Para manter o noso compromiso co medioambiente esta guía está dispoñible, neste bloque, en formato dixital.
Desde a dirección do Centro enviaranche información sobre como solicitar o teu usuario para a parte privada da web.
LIGAZÓNS
PERMISOS
Neste apartado atoparás a lexislación vixente referente a permisos, licenzas e vacacións do persoal docente. Ademáis tamén poderás descargar os anexos correspondentes para facer a petición que precises. Estos impresos deberán ser entregados en xefatura de estudos.