ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
Neste proceso trátase de recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
Os estándares de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
A acreditación de estándares de competencia farase sobre os estándares dos títulos de formación profesional vixentes.

ENRIQUE FERNÁNDEZ PÉREZ
XEFE DO DEPARTAMENTO DE ACREDITACIÓN E PROBAS
0034 881 880 001
- Se abandonaches os teus estudos para incorporarte ao mundo laboral e aprendiches a túa profesión no posto de traballo.
- Se realizaches actividades non remuneradas que che permitiron adquirir competencias do mundo laboral.
- Se te formaches por vías non formais.
Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.
Experiencia laboral:
Nivel 1: Máis de 18 anos con 2 anos de experiencia e 1200 horas traballadas.
Nivel 2 e 3: Máis de 20 anos con 3 anos de experiencia e 2000 horas traballadas.
Formación non formal:
Nivel 1: Máis de 18 anos con un mínimo de 200 horas de formación.
Nivel 2 e 3: Máis de 20 anos con un mínimo de 300 horas de formación.
A solicitude de participación no procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias (Procedemento ARA) deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia: http://sede.xunta.gal
Previamente deberán cubrise os datos correspondentes a través da aplicación informática ACREDITA: http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita.
Prazo de solicitudes: Procedemento aberto con carácter permanente.
Un certificado oficial das túas competencias profesionais.
FASES:
Nesta fase, un asesor ou unha asesora axúdache a compilar todas as probas que poidas achegar para defender a túa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Tamén realizarás un test de autoavaliación.
A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que achegaches no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.
Cando superes o proceso de avaliación obterás unha acreditación de cada un dos estándares de competencia nos que demostraches a túa competencia profesional.
OUTRAS PROBAS
ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
Estas accións formativas están dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios operados nos sectores produtivos e ás aspiracións de inserción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado dunha profesión e lles permita mellorar a súa empregabilidade.
Ó longo dos meses de xaneiro e febreiro publicamos dentro das novas da nosa web información sobre os cursos AFD que se ofertan no vixente ano no noso centro. Se che interesa esten pendente!!
CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Un certificado de profesionalidade é un documento que acredita a un traballador/a en unha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificaciones Profesionais. Teñen validez en todo o territorio nacional.
Posuír un certificado de profesionalidade supón sen dúbida incrementar substancialmente o teu curriculum profesional, xa que, ao ser un documento oficial, valórase en calquera proceso de selección que convoque a Administración Pública, e acredítate profesionalmente ante a empresa privada.
COMO SE OBTÉN DEVANDITO CERTIFICADO?
Para obter o certificado, o alumnado debe estar en posesión das certificacións parciais das distintas Unidades de Competencia que compoñen o Certificado.
Para obter unha Unidade de Competencia ten as seguintes vías:
- Superar os módulos formativos correspondentes, mediante a realización e avaliación das accións formativas pertinentes.
- Participando nas probas que respecto diso convoque a Administración correspondente para a devandita UNIDADE DE COMPETENCIA, baseándose no Real Decreto 1224/2009 de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
- Mediante a convalidación da UNIDADE DE COMPETENCIA por estar en posesión da devandita UNIDADE a través da Formación Profesional do sistema educativo.
O CIFP Someso é un centro autorizado polo que ao longo do ano impártense cursos das distintas familias profesionais existentes para conseguir estes certificados de profesionalidade.
NOVAS
Quedan prazas no AFD de Servicios estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe!
Se estás interesado acude a túa oficina de emprego e indícalle o código 2025/000576 ou contacta con acreditacion.cifp.someso@edu.xunta.gal.
AFD 2025
Xa temos asignación das Accións Formativas para o Emprego neste ano 2025 no CIFP Someso. Se estás interesado nalgunha destas formacións acude a túa oficina de emprego e indícalle o código do curso que che interesa.
Probas de acceso a FP de grao medio e superior 2025
Xa están convocadas as probas de acceso a FP de grao medio e superior!! Máis información aquí: ligazón
Acreditación en tatuaxe e perforación corporal
? Por primeira vez en Galicia: Acreditación de competencias en Tatuaxe e Perforación Corporal no CIFP Someso! ?? O CIFP Someso abre unha nova porta na formación profesional en Galicia, ofrecendo a posibilidade de acreditar [...]
Acreditación de competencias dixitais alumnado
Acreditación en competencias dixitais para o alumnado de FP Alumnado en disposición de titular en 2º de ciclos medios no curso 23-24. Nivel intermedio A proba terá unha duración máxima de 20 minutos. A certificación [...]
Curso AFD automoción 2024
Aínda quedan prazas para obter este certificado de profesionalidad de pintura de vehículos, anótate!!!! Se che interesa traballar no sector da automoción, non quedes sen praza: chama ó 881 80 00 13 ou escribe a [...]