BIOCONSPA é unha cooperativa de traballo asociado dedicada a bioconstrución de edificios, empregando un material ancestral pero pouco usado na actualidade: levantar casas con balas de palla.
Englobamos a totalidade das etapas do proceso construtivo dende a:
- Correcta ubicación na parcela (a través de estudos de prospección xeolóxica feita por expertos).
- Deseño do edificio e axuda na súa construción.
- Ofrecemos tamén talleres formativos do proceso construtivo para a xente interesada, nunha maneira económica, sostible e relativamente doada de executar.
Adaptámonos as túas demandas, tanto técnicas como económicas, axustando o presuposto a túa medida. ¡¡¡Sacarémosche os teus medos a vivir comodamente rodeado de palla!!!