Project Description
PRESENTACIÓN
Para potenciar o uso do galego nas aulas constitúese en cada centro integrado un equipo de dinamización da lingua galega do cal forman parte distintos colectivos do centro.
Esta coordinación ten como obxectivo principal dinamizar a lingua galega a través de actividades que se inclúen no proxecto educativo do centro, como concursos, presentación, conmemoracións, eventos, etc. Ao longo do curso desenvólvense diversas actividades coma o Magosto, Concurso de árbores de Nadal, Concurso de Comparsas e Fotografía (Entroido), actividades relacionadas coa festividade das Letras Galegas, etc…
Membros do equipo :
| DOCENTES | ALUMNADO | PERSOAL NON DOCENTE |
| Antonio González Diz | David Santamariña | Mari Carmen Rama Rey |
| Luis Miguel Barreiro Ares | Richard Blanco Guevara | Ángeles Matos Pereira |
| Mª Teresa Fernández Varela | Eric García Abelleira | |
| Mª Nieves Ledo Varela | José Ángel Velasquez Pérez | |
| Abrahan Marante Boado | ||
JAVIER SALGADO LÓPEZ
RESPONSABLE DA ÁREA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
+34 881 880 001
RECURSOS
NOVAS
II Edición Concurso de fotografía “Cor de outono” CIFP Someso
Saca a túa cámara e captura a maxia do outono A Coordinación de dinamización da lingua e a Biblioteca do CIFP Someso invítante a participar no Concurso de Fotografía de Outono Tema: O tema principal [...]
Bo verán
Bo verán! ☀️ Agora toca descanso. Desfrutádeo moito . En setembro seguimos! Bo verán a todas e todos!
Día Internacional do Medio Ambiente
O pasado 5 de xuño, con motivo da celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, levamos a cabo unha actividade de sensibilización e compromiso coa sustentabilidade mediante a plantación de dúas árbores autóctonas no xardín [...]
Este venres, 5 de xuño, no Día do Medio Ambiente, no CIFP Someso plantamos futuro.
Non só plantaremos unha árbore: plantaremos conciencia, compromiso e esperanza. Cada raíz que medra recórdanos a importancia de coidar o planeta e de construír entre todos un entorno máis sostible. Pequenos xestos como este son [...]







