Project Description

PRESENTACIÓN

Dende o departamento de emprendemento organízanse actividades relacionadas co autoemprego e posta en marcha de proxectos empresariais por conta propia, informando o alumnado de todas as ferramentas que poden dispoñer para levar a cabo as súa idea de negocio, así como, ensinando competencias e motivando para potenciar o esprito emprendor.

Dentro desas ferramentas atopase o viveiro de empresas, onde se pode empezar a xestar o proxecto empresarial, así como, contar co asesoramento necesario para darse de alta como actividade empresarial, e por último ter acceso a unhas instalacións – oficinas co equipamento adecuado – durante dous anos e totalmente gratuítas para empezar a funcionar como empresa.

INSTALACIÓNS

O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. 

Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia. 

NOA GONZÁLEZ PATIÑO
COORDINADORA DE EMPRENDEMENTO E
RESPONSABLE DO VIVEIRO DE EMPRESAS

+34 881 880 001
noagonzalez@edu.xunta.gal

BLOG
Rede Galega
Eduemprende

PROGRAMAS

OBXECTIVO

Contactar coa realidade do emprendemento na sociedade actual, a través de encontros informais con empresarios das distintas familias profesionais do centro, para coñecer de primeira man a súa carreira como empresarios. 

Ler máis…
VIVEIRO DE EMPRESAS

O vieiro é un lugar onde atoparás inspiración para crear o teu propio posto de traballo a través do traballo por conta propia, con asesoramento, axuda técnica e poñendo a túa disposición a instalacións para poder utilizalas como sede da túa empresa.

Ler máis…

OBXECTIVO

QÚE IDEA, SOMESO! é un concurso de ideas de negocio para dar a oportunidade ao noso alumnado emprendedor de dar un paso adiante coas súas ideas, dándoas a coñecer. 

Ler máis…

NOVAS

 .

  • person catching light bulb

Concurso eduemprende idea 2025

FINALIDADE DO CONCURSO: Realización de proxectos empresariais por parte do alumnado de FP, Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas de Galicia Máis información aquí: ligazón

Que idea Someso! Premiados

Hoxe entregáronse os premios do quinto certame do concurso de ideas ? emprendedoras, Que idea, Someso!, cunha ampla participación de alumnado que presentaron as súas ideas creativas e innovadoras a través do formato de elevator [...]

PRIMEIRO PREMIO no concurso Idea

A nosa alumna Diana Varela Rodríguez e o noso alumno Raúl Torres Varela, estudantes de segundo curso do ciclo de peiteado e cosmética capilar recibiron o PRIMEIRO PREMIO no concurso Idea  que organiza a Consellería [...]