Project Description

PRESENTACIÓN

A Aula de Realidade Virtual é un espazo innovador aberto ao uso de toda a comunidade educativa. O seu obxectivo é integrar as tecnoloxías inmersivas no proceso de ensino-aprendizaxe, ofrecendo novas formas de experimentar, practicar e crear coñecemento.

Este espazo permite vivir experiencias de aprendizaxe inmersivas aplicadas ás distintas familias profesionais, como Obra Civil, Estética, Fabricación Mecánica, Automoción e Madeira, entre outras. A realidade virtual facilita a simulación de situacións reais de traballo, o adestramento en contornas seguras e a visualización de proxectos en tres dimensións, o que favorece unha aprendizaxe máis práctica, atractiva e significativa.

Ademais, a aula funciona tamén como sala polivalente, podendo empregarse para reunións, xornadas formativas, presentacións ou actividades colaborativas do centro.

A Aula de Realidade Virtual está dispoñible para profesorado, alumnado e familias, co fin de promover o uso educativo da tecnoloxía e fomentar a innovación en todos os ámbitos da comunidade educativa.

Un espazo aberto ao futuro, onde a educación e a tecnoloxía se unen para construír novas formas de aprender e ensinar.

-Pano (2 licencias) unha no portátil e outra en ordenador de sobremesa

– Visores de Realidade Virtual Meta Quest 3 (6 unidades)

– Visores de Realidade Virtual Meta Quest Pro (1 unidade)

– Armario de Recarga e Desinfección para 10 visores (1 unidade)

– Cámara Insta360 x4 (1 unidade)

– Cámara de conferencias Kandao Meeting Pro-360

– Ordenador portátil (1 unidade)

– Ordenador de sobremesa (1 unidade)

– Pantalla/Encerado táctil 80” ( 2 unidades)

– Red Wifi interna para sincronización “carritos”

  • Supervisar en todo momento o alumnado durante o uso dos visores.

  • Non permitir o uso a estudantes con epilepsia, problemas de equilibrio ou vertixe.

  • Empregar as zonas delimitadas en vermello para o uso dos visores.

  • Evitar sesións superiores a 20 minutos sen pausas.

  • Asegurar o correcto uso do equipamento por parte do alumnado.

  • Informar de inmediato de calquera dano, perda ou mal funcionamento a pesoa coordinadora da aula.

  • Rexistrar a sesión no formulario de uso da aula.

  • Deixar os visores utilizados no Armario de Carga e Desinfección.

  • Deixar os mandos colocados nas súas caixas correspondentes sen as pilas.

  • Deixar a aula recollida e lista para a seguinte persoa usuaria.

RESPONSABLE DA ÁREA DA AULA DE REALIDADE VIRTUAL

+34 881 880 001
alberto.carro.erias@edu.xunta.gal