Project Description
PRESENTACIÓN
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos. Preténdese potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e/ou outras entidades, buscando a calidade e a excelencia na Formación Profesional, e o fomento do emprendemento.
Neste sentido, a “Estratexia Europa 2020”, proposta pola Comisión Europea, incorpora como un dos seus obxectivos o impulso dunha Formación Profesional que propicie novas experiencias no campo da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.
A lexislación vixente establece como fin da educación o fomento e a promoción da investigación, a experimentación e a innovación educativa.
A innovación na Formación Profesional e o fomento da relación entre os centros educativos e as empresas permitirá a transformación do coñecemento e da creatividade en produtos e servizos que se integren no mercado, incrementando a competitividade das nosas empresas.
Marisa Ferreres Gayoso
COORDINADORA DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN
CONVOCATORIAS
Espazos de tecnoloxía aplicada no centro
Aula tecnoloxíca ‘3D Contructor‘
Aula de tecnoloxíca de Imaxe Persoal
PROXECTOS
Proxecto Nacional
Período: 2021-2022
Ler máis…NOVAS
Bo verán
Bo verán! ☀️ Agora toca descanso. Desfrutádeo moito . En setembro seguimos! Bo verán a todas e todos!
Reto Gestán de Innovatech!
Reto Gestán de Innovatech para O CIFP Someso! Parabéns ao alumnado de Edificación e Obra civil do CIFP Someso, liderado pola profesora Belén Bouza, pola súa excelente participación e polo recoñecemento acadado neste reto. A [...]
Innovatech 2026
O pasado 4 de xuño, dous equipos de alumnado de primeiro curso do ciclo de Proxectos de Edificación do CIFP Someso participaron na final do Reto Gestán, acompañados polo CIFP de Cantería de Galicia, nunha [...]
Colaboramos nun proxecto de cociña solar en Kigobe
Teachers at CFP Kigobe manufacture a solar cooker in the shape of an elliptical parabola of domestic dimensions. Funded by the European Union. Views and opinions expressed are however those of the author(s) only and [...]
Certame GaliciaSkills 2025
Orgullosos no CIFP Someso!!! O noso centro educativo brillou no Campionato de Skills Galicia, acadando 4 medallas de ouro e 2 de prata. Este éxito é froito do talento, do esforzo e da paixón do [...]







