No salón ofrecemos diversos servizos de estética con tratamentos ecolóxicos, así como unha gama de produtos eco- para o coidado da saúde e benestar dos nosos clientes.
Servizos e produtos que formarán o noso abano:
- Masaxes de benestar con aceites esenciais ou produtos de tempada (servizo “relax”).
- Tratamentos faciais e corporais (servizo “relax”).
- Venda de produtos.
- Obradoiros de cosmética natural (programados).
- Clases de pilates e antiximnasia (grupos reducidos).
Todas aquelas persoas que se sintan atraídas pola estética natural e produtos ecolóxicos terán o seu espazo nos nosos talleres, así como aqueles que sintan a necesidade de desconectar do entorno e ter o seu momento “Zen”, tamén terán cabida en EcoSalón.