A nosa principal actividade céntrase na construción de vivendas autosuficientes. Levamos a cabo a totalidade das etapas do proceso construtivo, dende estudos sobre o terreo que contemplen a aplicabilidade das nosas construcións e sistemas ata o deseño máis adecuado para vivendas unifamiliares e vivendas colectivas.
EnergyLar dedícase principalmente a tres actividades dentro do sector:
- Construción de vivendas unifamiliares e colectivas con sistemas integrados de captación e transformación enerxética.
- Reformas e reinstalacións de antigas redes eléctricas por uns novos sistemas eléctricos baseados na transformación e aproveitamento das enerxías renovables.
- Outros servizos complementarios.
- Produtos de carácter enerxético-ecolóxico-transformador.
- Mantemento e asistencia profesional para a conservación e preservación dos sistemas.
Adaptámonos ás demandas tanto técnicas como económicas, ofrecendo unha amplía gama de produtos e sistemas baseados na renovación enerxética.
Buscamos solucións económicas axustándonos ao presuposto óptimo do cliente. CONTÁCTANOS