Organización: Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. ADEGA (Asociación Defensa Ecolóxica de Galicia), coa colaboración do CIFP Someso (A Coruña)

Actividade: Exposición de fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar. Demostración gastronómica solar.

O equipo de Someso participou con 30 fornos e cociñas solares, así como un conxunto de aparellos didácticos sobre enerxía solar.

En total reuníronse 35 fornos e cociñas de diferentes tipos: 15 fornos de caixa (empregados en clase como maquetas de investigación bioclimática); 1 forno improvisado cunha ventá vella; 3 fornos 30-60; 1 forno comercial Sun Oven; 1 cociña tipo panel solar cookit; 3 cociñas tipo funil; 2 cociñas comerciais Hot Pot; 6 cociñas parabólicas.

Profesores, alumnos e especialistas compartimos unha apaixonante xornada de experimentación e divulgación cun remate gastronómico espectacular con 29 receitas variadas incluíndo diversas sobremesas, para mais de 40 comensais. Podes consultar o menú máis abaixo.

Máis información:

Crónica con fotos do encontro solar

Cartaz do encontro solar 2014

Panel fotográfico do encontro solar

Menú solar

Referencias en PRENSA e INTERNET

Album de fotos de ADEGA

You Tube. Secuencia de imágenes del Encontro Solar UDC 2014