REHOUSSO dedicase á construción de vivendas modulares prefabricadas con materiais reciclados. Contamos cun catalogo de vivendas pre-deseñadas, tamén estudamos e deseñamos a medida e por ultimo ofrecemos as posibilidades de reformas.

As actividades principais a realizar son:

  • Deseño e construción modular da vivenda.
  • Proxecto de fabricación a medida.
  • Reformas.

A nosa empresa ofrece a xestión no mercado para procura dos mellores e máis económicos produtos en materia de reciclaxe, baseándonos sempre na idea dunha vivenda que achegue calidade e exclusividade á túa vida e saúde ao medio ambiente. CONTÁCTANOS