Promoción: Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.

Organización: ADEGA (Asociación Defensa Ecolóxica de Galicia) e CIFP Someso (A Coruña).

Localización: Aparcamento da Biblioteca Xoana Capdevielle da UDC.

Actividade: Exposición e experimentación con fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar. Demostración gastronómica solar. Visitas técnicas a instalacións de enerxía solar da Universidade.

O equipo de Someso participou con uns 30 fornos e cociñas solares, así como un conxunto de aparellos didácticos sobre enerxía solar.

En total reuníronse cerca de 50 fornos e cociñas de diferentes tipos: fornos de caixa e baixo custo; forno improvisado cunha ventá vella; fornos 30-60 (inverno-verán); forno comercial Sun Oven; cociña tipo panel solar cookit; cociñas tipo funil; cociñas comerciais Hot Pot; cociñas parabólicas, a maioría comerciais pero houbo algunhas construídas, e un asador de brochetas solar.

Tamén se expuxeron diferentes enxeños para quentar auga a base de mangueiras, duchas solares, un sistema por termosifón con acumulación. Axornada estivo amenizada coa música dunha radio conectada ao sol a través dun sistema solar fotovoltaico.

Ademáis dos profesores e alumnos de Someso, o persoal de ADEGA, da Oficina de Medio Ambiente e profesores e alumnos da UDC, nesta edición animáronse a participar profesores e alumnos do C.P.I Viaño Pequeno de Trazo e docentes do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, do CEIP Ramón María del Valle Inclán de Perillo (Oleiros) e da Escola de Imaxe e Son. Tamén fixeron unha visita técnica un profesor do IES Universidade Laboral xunto cun profesor do centro Tradium, de Randers (Dinamarca) participantes no proxecto europeo ATTP Wind Energy centrado nas enerxías renovables.

Profesores, alumnos e especialistas compartimos unha apaixonante xornada de experimentación e divulgación poñendo a funcionar cerca de 50 cociñas e fornos solares cun remate gastronómico espectacular con mais de 30 preparacións variadas incluíndo diversas sobremesas, para uns 50 comensais. Podes consultarlas máis abaixo.

Agradecer a colaboración prestada polos centros CEIP Isaac Díaz Pardo de Culleredo e IES Fernando Wirtz por facilitarnos as súas cociñas parabólicas, así como a de moitos colaboradores individuais.

O evento nos medios:

 

Máis información: