SUKHA é unha cooperativa galega de traballo asociado que ofrece ademais dun servizo de estética outros servizos innovadores xa que conxugamos os coidados persoais co pracer de poder degustar un batido ata a posibilidade de adquirir un elemento decorativo.

 

Servizos que ofertamos:

  • Servizos de estética
  • Smoothies: son batidos elaborados con froitas ou verduras de tempada de orixe ecolóxico con propiedades beneficiosas para a nosa saúde.
  • Obradoiros: Nas diferentes épocas do ano con motivo da celebración de festas ( Nadal,  Samain, etc.), a chegada dunha nova estación, unha nova moda que surda ou a demanda por parte dos usuarios, faranse diferentes actividades no noso espazo,  unha zona aberta que se moldea a cada actividade segundo se precise.
  • Venda de produtos
  • Cosméticos ecolóxicos
  • Showroom (con venta do mobiliario e elementos de decoración do noso salón).

Se buscas un lugar onde queiras pasar un bo momento, no que poidas relaxarte e o mesmo tempo mimar o teu corpo e evadir a túa mente, Sukha é o lugar ideal para conseguir ese benestar.