ECOVIR é unha cooperativa galega de traballo asociado xuvenil que se dedica a rehabilitación e reformas de edificios aplicando criterios de bioconstrución, con materiais naturais e sistemas de eficiencia enerxética.

Ofrecendo aos clientes a posibilidade de coñecer a obra e incluso interactuar con ela, antes de que sexa construída a través dun proxecto de realidade virtual.

Encargámonos de levar a cabo todo o proceso produtivo:

  • Deseño do proxecto construtivo adaptado ás necesidades do usuario
  • Reformar e redistribuír os espazos
  • Solucións na elección de materiais, instalación e produtos
  • Mantemento de edificios
  • Proxectos virtuais

O obxectivo de crear en virtual unha edificación ecolóxica, sitúa ao usuario no centro do proxecto, non son os habitantes os que se acomodan as súas vivendas, senón que son estas as que se adaptan a eles procurando o seu óptimo benestar.

O alumnado que participou en este proxecto foron:

Vanesa Angeriz Sanjurjo
Estefanía González Barral
Bruno López Freire
David Martínez Pérez