Participación do CIFP Someso nunha mobilidade para profesorado a Bosnia & Herzegovina a través dun Interprax

O noso centro CIFP Someso participou nun proxecto de intercambio de persoal no contexto do programa Erasmus+ (Staff Mobility for training), polo que a profesora Lorena Yebra desprazouse unha semana a Bosnia and Herzegovina durante o mes de decembro de 2017.

A finalidade de esta mobilidade foi intercambiar experiencias coas universidades privadas “University College CEPS” (Center for business studies) en Kiseljak e coa “University College Logos Center” en Mostar e crear ligazóns coas mesmas para valorar a posibilidade de participación en posibles proxectos futuros onde o intercambio de estudantes tamén poida ser posible.
Esta mobilidade enmárcase dentro dun acordo coa Consellería de Educación, un Erasmus+ KA107 entre países socios.

A duración da estancia foi de unha semana e desenvolveuse entre o 10 e o 16 de decembro de 2017. Nesta estancia a profesora Lorena Yebra do departamento de Fabricación mecánica tivo a oportunidade de facer unha presentación da nosa escola onde se mostraba a nosa cidade e os estudos impartidos, facendo fincapé no módulo que ela imparte.

Segundo as súas palabras, “Esta foi a miña primeira experiencia cunha mobilidade e foi moi gratificante, pois non só coñecín un país novo para min, cunha historia recente moi impactante e interesante, senón que os compañeiros cos que compartín a mobilidade fixeron que a estancia fose inesquecíbel e moi boa, xa teño ganas de repetir”.

2018-05-21T14:46:46+00:00 21 Maio 2018|Categories: Internacional|Tags: |

Localización e contacto

15024513
Someso 6, 15008, A Coruña, Galicia, España

Phone: 881 880 001

Web: cifpsomeso.edu.es

Relación con empresas

re@cifpsomeso.edu.es

Programas internacionais

international@cifpsomeso.edu.es

Acreditación e probas

acreditacionsomeso@gmail.com

Buzón de suxestións

Mandar suxestión