O profesor José Ramón Lamas, do departamente de Fabricación Mecánica, tivo a oportunidade de aproveitar unha beca Erasmus+ na empresa Cantieri Marina San Giorgio situada en San Giorgio di Nogaro-Porpeto na provincia de Udine, durante o mes de maio de 2018.

A estadía foi dunha semana e neste tempo tamén tivo a ocasión de visitar o ​I.S.I.S Arturo Malignani, tamén en Udine (no Norte de Italia), que ten ensinanzas relacionadas co noso Centro, das familias de Obra Civil e de Soldadura, dentro da familia de Fabricación mecánica.