SÍNTESE DO PROXECTO
O proxecto consiste no estudo de fallos non visibles, co fin de prever a rotura por fatiga, no tren de engrenaxes da caixa multiplicadora en aeroxeradores. Este estudo realízase co emprego da técnica ultrasónica con tecnoloxía phased array obtendo as respostas en imaxes tridimensionais da discontinuidade do elemento estudado que facilitará a identificación deste tipo de erros.
OBXECTIVOS
1. O traballo colaborativo e a transferencia do coñecemento bidireccional entre empresas do entorno produtivo e a familia profesional de fabricación mecánica.
2. A mellora tecnolóxica dun proceso de inspección de análise de fallos dos engrenaxes a través da innovación desenvolvida polo traballo en equipo, facilitando un patrón que axude a identificar os erros producidos con maior rapidez e fiabilidade.
3. Actualización dos coñecementos por parte do equipo docente da metodoloxía de última xeración do ensaio de ultrasóns que repercutirá directamente na transmisión da información ao alumnado de fabricación mecánica pudendo ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado dentro deste sector.
PARTICIPANTES
Francisco Javier Sánchez Naya
Lorena Yebra Fernández
Luis Quintana Bernardo
José Fernández Noceda
Inmaculada María Fernández Y Teijeiro
ENTIDADES COLABORADORAS
Applus – Norcontrol, SLU
DATA
Curso 2014_2015
OUTROS
Este proxecto foi presentado no Congreso de innovación en febreiro de 2016 que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.