Os nosos alumnos do Ciclo medio de Mecanizado, guiados polo profesor Iván López Rivera, traballaron arreo para rematar o seu proxecto do Playmobil, antes da finalización do curso 2018_2019, mostrando as súas habilidades e todo o que aprenderon.
Podedes ver o resultado nas fotos que acompañan a noticia.
Xa temos unha mascota no departamento de Fabricación Mecánica.
Moitas grazas polo voso traballo e Noraboa!