O alumnado da familia profesional de “Transporte e mantemento de vehículos”, dos ciclos superiores e ciclos medios, participaron nas “Xornadas do motor de Repsol“, o venres 8 de novembro de 2019

Estas xornadas están dirixidas a estudantes e docentes de automoción entre outros.

Durante unha semana Arteixo converteuse no epicentro do mundo do motor. Exposicións, charlas, actividades de formación e de lecer. Repsol quixo compartir con Arteixo unha paixón mutua: o motor, nunhas xornadas dirixidas a estudantes e docentes de automoción, profesionais do sector, afeccionados e público en xeral.

A información das xornadas están na seguinte ligazón:

https://acoruna.repsol.es/es/entorno-comunidad/jornadas-motor/index.cshtml