PROXECTO ERASMUS + 2018-KA202 : “Herramienta electrónica para evaluar las competencias profesionales de la mecánica de automóviles en el contexto de la experiencia de la UE”.
Os socios do proxecto están a realizar o desenvolvemento do proxecto Erasmus+ 2018-KA202, para o que, nesta ocasión, fixeron unha xuntanza en Kempen, Alemaña.
Despois das reunións de Lituania, Estonia e Polonia, esta reunión serve para recompilar, expoñer e rematar detalles de todas as tarefas realizadas relacionadas con motor, transmisión, chasis, sistema de freos, confortabilidade do automóbil, sistema de control electrónico e enxeñería eléctrica, e que servirán para o recurso online innovador e aberto ó público, que estará dispoñible na rede, ao finalizar o proxecto.