A comezos do mes de novembro de 2019, concretamente, os días 6 e 7, tivo lugar na Universidade de Paderborn a reunión inicial do proxecto de innovación de asociacións estratéxicas Erasmus+ “E-Learning, Digitisation and Units for Learning at VET schools” (EDU-VET).

Baixo a coordinación desta mesma institución, 4 centros educativos de FP de Alemania, Reino Unido, Holanda e España, en colaboración cunha empresa TIC con ampla experiencia na implementación de ferramentas educativas online, traballarán na elaboración duns cursos online dirixidos ó sector do mecanizado dentro da familia profesional de Fabricación mecánica.

Nesta reunión fíxose un percorrido en detalle sobre os aspectos máis relevantes do proxecto: estrutura administrativa e financeira , resultados ou produtos intelectuais previstos (IO’s) e difusión.

Logo desta presentación do proxecto, os socios iniciaron un debate a fin de definir o plan de traballo a executar nos vindeiros meses e escolleuse data para a seguinte reunión de seguemento que terá lugar no mes de abril en Reino Unido. En concreto, definíronse os pasos a dar no estudio de investigación previo á elaboración do currículum destes cursos. Para iso solicitarase a colaboración de empresas do sector de metal a fin de elaborar uns produtos intectuais de interese para ámbolos dous sectores, é dicir, educativo e laboral.

Finalmente, sinalar que está previsto que o CIFP Someso será o anfitrión do terceiro encontro de socios do proxecto. En principio, a planificación prevé que esta teña lugar en outono de 2020 en A Coruña.