Dentro do programa de mobilidades do CIFP Someso realizouse unha visita á Zhejiang Chinese Medical University, ubicada en Hangzhou, entre o 13 e 17 de xaneiro de 2020. O motivo desta visita era realizar unha formación sobre masaxe tradicional chinés, tuina, así como coñecer outras ramas desta medicina que teñan relación co currículo impartido no CS Estética integral e benestar da familia profesional de Imaxe persoal.
Así mesmo, aproveitouse a ocasión para acordar o marco de colaboración en futuras convocatorias de proxectos de mobilidade Erasmus+ nas que temos pensado implicar a profesorado de ámbalas dúas institucións.