Realizouse unha nova xornada de “Café con emprendedores” xestionada polo departamento de emprendemento e de FOL.
A xornada que se desenvolveu para a familia de fabricación mecánica tivo lugar coa colaboración de Manuel Rodríguez, Xerente de Metalúrgica VC S.L ao que asistiron alumnado de Fabricación Mecánica: CM Mecanizado2, CM Soldadura 2 e CS Programación da Produción en FM 2.
Deixámosvos as imaxes neste espazo, para lembrar esta actividade, que ten unha gran acollida por parte do alumnado.