O pasado 4 de marzo celebrouse unha xornada técnica sobre “Solucións construtivas” do Grupo FINSA de última xeración que serán un referente da construción nos próximos anos.

O alumnado e profesorado que participou pertence as familias profesionais de “Edificación e Obra Civil” e de “Madeira, Moble e Cortiza” de varios centros de Galicia, IES Melide, CIFP Ferrolterra e CIFP Someso.

A actividade englobou unha presentación e a posterior práctica e montaxe de técnicas construtivas innovadoras: CLT contralaminado e Tarima laminada FINSA, co seguinte programa:

Programa:

  • 10 hs.         Presentación Aula Magna.
  • 10:05 hs.    CLT Contralaminado Finsa.
  • 11:30 hs    Recreo
  • 12:00 hs    Tarima laminada Finsa.
  • 13:00 hs    Clausura.

 

Falouse de elementos estruturais, de pechamento e de acabado que resultan novedosos dende o punto de vista da arquitectura sostible e estandarizada, propoñendo tamén melloras de eficiencia enerxética.
Posteriormente presentáronse con maior detalle as aplicacións da madeira contralaminada CLT e da tarima laminada.

A presentación foi de gran interese para o noso alumnado.