O pasado 31 de marzo de 2020 finalizou o proxecto Erasmus+ KA2 para a avaliación de competencias profesionais dentro do sector da automoción.
O noso Centro foi un dos socios do proxecto e tivemos a fortuna de poder presentalo na xornada de portas abertas que se celebrou con motivo do noso 60º aniversario, polo que empresarios do sector da automoción convidados puideron coñecer o proxecto, así como autoridades e comunidade educativa.
Se estás interesada/o no resultado deste proxecto, podes acceder á ferramenta online a través do seguinte botón:

 

E-Tool
É unha plataforma de acceso libre e a través dela pódese avaliar a competencia profesional en 7 áreas asociadas á electromecánica do automóbil. Está redactada en inglés de maneira que tamén pode servir para mellorar esta competencia lingüística.
Hai máis información dispoñible do proxecto no apartado de “Internacional” da nosa web, podes acceder aquí.