Desde o Servizo Español para a Internacionalización da Educación ( SEPIE), organismo que actúa como Axencia Nacional do programa Erasmus+ da Unión Europea nos ámbitos da educación e a formación en España e adscrito ao Ministerio de Universidades, o CIFP Someso foi seleccionado como exemplo de boas prácticas polo magnífico traballo e implicación no noso proxecto Erasmus+ 2016-1-ES1-KA107-024148, de Educación Superior entre países do programa e países asociados.

 

Caracterízase polo intercambio de experiencias e colaboración educativa entre organizacións de diferentes niveis educativos (Universidade – Formación Profesional).

O principal obxectivo do proxecto era explorar as posibilidades de colaboración entre unha universidade, con gran experiencia en  proxectos europeos e sólidas bases teóricas, e un centro de FP, con gran coñecemento práctico.

Este proxecto difundiuse a través da sección web específica do SEPIE: http://www.sepie.es/comunicacion/buenas-practicas.html e nas contas oficiais en redes sociais: Twitter (@sepiegob), Facebook (ErasmusPlusSEPIE), Instragram (@ sepie_ gob).