BASES
O EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA do CIFP Someso convoca o CONCURSO DE ÁRBORES DE NADAL PARA ALUMNADO con motivo da festividade de Nadal.
- Poderán participar todos os GRUPOS DE ALUMNADO do CIFP Someso, non podendo facelo persoas alleas ao centro.
- Cada GRUPO poderá presentar unha ÁRBORE.
- Os participantes responderán persoalmente da orixinalidade e titularidade da árbore.
- Cada árbore virá acompañada dos seguintes datos: datos do grupo.
- O EDLG resérvase o dereito de rexeitar os traballos que se puidesen considerar ofensivos.
- O prazo de recepción dos traballos será ata o 16 de DECEMBRO do 2020.
- As árbores serán expostas no pasillo de entrada do CIFP Someso.
- O EDLG resérvase o dereito de suspender o concurso por causas xustificadas se así o decidisen os seus membros.
- Participar neste concurso supón a aceptación das presentes bases.
- Nomearase un xurado, composto polo EDLG, Dirección e docentes.
PREMIO ÚNICO PARA O GRUPO GAÑADOR A DEFINIR POLA DIRECCIÓN DO CENTRO.