BASES

 

O EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA do CIFP Someso convoca o CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PARA PROFESORADO E ALUMNADO con motivo do Magosto, co tema “O OUTONO, AS NOSAS TRADICIÓNS”. 

 

  1. Poderán participar todo o PROFESORADO E ALUMNADO do CIFP Someso, non podendo facelo persoas alleas ao centro.
  2. Cada profesor/a e alumno/a poderá presentar unha ÚNICA FOTOGRAFÍA.
  3. Os participantes responderán persoalmente da orixinalidade e titularidade da fotografía. Así mesmo declararán posuír a cesión de dereito de imaxe das persoas presentes nas fotografías. O documento para cesión de dereitos de imaxe estará a disposición dos participantes na conserxería do centro.
  4. As fotografías enviaranse ao seguinte correo: edlgsomeso@gmail.com
  5. Cada fotografía virá acompañada dos seguintes datos: título e os datos do autor (nome, apelidos e curso). Formato JPEG (máxima resolución posible).
  6. As fotografías deberán ser tomadas en Galicia,
  7. O EDLG resérvase o dereito de rexeitar fotografías que se puidesen considerar ofensivas.
  8. O prazo de recepción das fotografías será ata o 19 de DECEMBRO do 2020.
  9. As fotografías serán expostas no CIFP Someso.
  10. O EDLG resérvase o dereito de suspender o concurso por causas xustificadas se así o decidisen os seus membros.
  11. Participar neste concurso supón a aceptación das presentes bases.
  12. Nomearase un xurador, composto polo EDLG, docentes e expertos en fotografía.

 

PREMIOS 1º PREMIO: 60 € 2º PREMIO: 40 € 3º PREMIO: 20 €