Período: 01.01.2018 – 31.12.2021

O proxecto MATES é unha alianza estratéxica sectorial, acción que se engloba dentro do programa Erasmus+, que ten como obxectivo desenvolver unha estratexia de competencias que aborde os principais motores de cambio da industria marítima, en particular a construción naval e as enerxías renovables en alta mar.

projectmates.eu

Coordinador: CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar; Vigo, España)

O seu coordinador é o CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar; Vigo, España) e conta coa participación de 17 socios situados en 8 países. A súa natureza é variada pois inclúe tanto empresas, asociacións profesionais, administracións públicas, universidades e centros de Formación Profesional entre outros. O total do orzamento asignado ao proxecto é de 4’9 millóns de euros.