Bo día,

Desde hoxe comezaremos unha actividade conmemorativa do 8M que está asociada ao plan de igualdade do centro e ao contrato programa Iguala-T.

Todos os luns pola tarde ata a semana do 8M cargarase no canón da entrada unha presentación dunha muller de cada unha das familias profesionais.

Esta semana queremos homenaxear a unha muller vinculada á familia de Edificación e Obra Civil (EOC), MILAGROS REY HOMBRE, primeira arquitecta colexiada de Galicia.

PRESENTACIÓN AQUÍ.

Moitas grazas aos equipos da biblioteca e de convivencia polo seu traballo e a todo o profesorado que nos axudou na búsqueda destas mulleres. Calquera aportación será benvida!

Un saúdo.