Vense de publicar o libro: Memorias y proyecto de una arquitecta pionera. Arquitecta Milagros Rey Hombre (1930-2014).
O CIFP Someso, e máis específicamente o departamento de fabricación mecánica, representado por tres dos nosos profesores ?? :Emilio González Alonso, José Luis Guerra y Carlos Ríos; e moitos dos nosos alumnos, son mencionados no libro debido á súa colaboración con esta arquitecta na construción da famosa Fonte de Catro Camiños. De feito unha réplica feita á escala de dita fonte está na entrada do noso centro. ⛲️
Esta é unha das moitas probas de que a comunidade educativa do CIFP Someso está sempre disposta a axudar e colaborar en calquera proxecto de utilidade para o vecindario e a contorna. Sendo conscientes de que este tipo de colaboracións son un motor educativo que impulsan á formación profesional.
O noso agradecemento aos dous autores da obra, María Carreiro e Cándido López, por deixar constancia da nosa participación.