Temos xornada de portas abertas o luns 19 de Xuño ás 17:00.

No CIFP Someso estamos encantados de ensinar as nosas instalacións. Tamén te asesoramos sobre a nosa oferta formativa e as expectativas laborais. (Familias profesionais: Edificación e Obra Civil; Fabricación Mecánica; Imaxe Persoal; Madeira Moble e Cortiza;e Transporte e Mantemento de Vehículos)

O punto de encontro será na entrada do instituto, alí nos vemos. Non faltes!